Armada Inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Ao saír, a frota consistía en 6 galeóns reais, 60 buques mercantes ingleses, 60 barcos pequenos holandeses e unhas 20 "pinazas". En total 170 naves, moito maior que a da [[Armada Invencible]], composta por 137 barcos. Ademais das tropas de terra, embarcaron 4.000 mariñeiros e 1.500 oficiais. O número total entre mariñeiros e soldados chegou aos 23.000 tripulantes. Drake dividiu os seus barcos en 5 escuadróns, mandados respectivamente por el (no [[HMS Revenge (1577)|''Revenge'']]), Norreys ([[HMS Nonpareil (1584))|''Nonpareil'']]), o irmán de Norreys, Edward ([[HMS Foresight (1570)|''Foresight'']]), Thomas Fenner ([[HMS Dreadnought (1573)|''Dreadnought'']]) e Roger Williams ([[HMS Swiftsure (1573)|''Swiftsure'']]). Xunto con eles, e en contra das ordes da raíña, navegaba o [[conde de Essex]], [[Robert Devereux]].
 
A maioría dos barcos perdidos por España coa Armada Invencible eran barcos mercantes, e o núcleo da armada (os [[galeónsgaleón]]s españois) foran capaces de chegar a España sen demasiadas perdas, onde foron reparados. O retardo na saída, unido ao temor de atorarse no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]], fixo que Drake preferise non atacar [[Santander]], onde levaban a cabo a maioría das reparacións. No seu lugar, atacou [[A Coruña]]. Norreys tomou a cidadela baixa, matando 500 españois, e Drake destruíu algúns barcos menores, pero foron finalmente rexeitados. Na loita destacouse [[María Pita]].
 
O seguinte paso era fomentar o levantamento portugués. A aristocracia portuguesa aceptara a Filipe II como rei de Portugal en [[1580]]. O pretendente, o [[Prior de Crato]], non sendo capaz de establecer un goberno no exilio, pediu axuda a Inglaterra. Isabel aceptou axudalo, co obxectivo de diminuír o poder de España en Europa e de abrir as rutas comerciais ás Indias.