Diferenzas entre revisións de «Teodomiro (rei suevo)»

m
Formato
Sem resumo de edição
m (Formato)
'''Teodomiro''' foi un rei suevo de Galicia (559-570). Gobernou a [[Gallaecia]] dotándoa de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na [[Igrexa católica|Igrexa de obediencia romana]]. Durante o seu reinado realízase o [[I Concilio de Braga]] ([[561]]), onde o reino suevo volta adoptar o [[catolicismo]].
 
[[Gregorio de Tours]] fálanos do fillo do rei [[Carriarico]] que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San [[Martiño de Tours]]. CicaisSe cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do [[Reino Suevo]] da [[Gallaecia]].
 
Baixo a influencia de [[Martiño de Dumio]], o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:
*A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun [[paganismo]] ancestral de claro sabor céltico.
*A busca da cohesión social mediante o combate da [[herexía]] [[arianismo|ariana]] que profesaba o [[reino visigodo]] de [[Hispania]] e o [[priscilianismo]] seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana
*A lexitimación da monarquía perante as éliteselites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de [[Bizancio]], con quen probablemente mantivo contactos amistosos.
*A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos [[mosteiros]] e focos de formación como o cenobio de [[Dumio]] fundado por San Martiño Dumiense.
*Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo viciño e dentro da órbita da nova orde emanada do [[Imperio bizantino]] de [[Xustiniano]].
 
O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do ''Galliciense regnum'', do que nos quedaron testimuñostestemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.
 
==Véxase tamén==
 
===Bibliografía===
* López Carreira, A; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia'', Vigo :. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-18496203271.
 
===Outros artigos===
* [[Lista de monarcas de Galicia]]
* [[Reino Suevo]]
* [[Lista de reis suevos]]
* [[Suevos]]
 
{{S-start}}
 
{{Lista de Reis Suevos}}
 
==Bibliografía==
López Carreira, A; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1
 
==Véxase tamén==
*[[Suevos]]
 
[[Categoría:Reis suevos]]
43.151

edicións