Hermerico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Gallaecia-roman-province.png|thumb|right|250px|Mapa da provincia romana da ''Gallaeciae''', a comezos do século V d.C, inmediatamente anterior á chegada dos [[suevos]].]]
'''Hermerico''' (?-[[441]]) foi o primeiro rei [[suevo]] de [[Gallaecia]], reinou dende o [[409]] até o [[438]]. Dirixiu ó seu pobo dende o [[Rin]] até [[Gallaecia]], onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un [[foedus]] con [[Imperio Romano|Roma]] mediante o cal establecía o seu reino na [[Lista de provincias romanas|provincia romana]] de [[Gallaecia]] e aceptaba ó emperador como o seu superior ([[410]]). En teoría actuaba como federado de [[Imperio Romano|Roma]] e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos [[vándalos]] asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo [[Valia]] e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a [[Bética]]. En [[438]] asociou ó seu fillo [[Requila]] ao trono.
 
===Abdicación===
Despois de sete anos de enfermidade, as circunstancias físicas forzan a Hermerico a abdicar a coroa no ano 438, pasando o goberno de todo o [[reino de Galicia]] -así como os territorios meridionais conquistados- ao seu fillo e herdeiro, [[Requila]], confirmando deste xeito a sucesión patrilineal nos hábitos de transferencia de poder entre os monarcas [[suevos]] como sucedía cos [[francos]], e diferindo xa temperámente da sucesión electiva, propia de outros pobos xermánicos como os [[visigodos]]. Hermerico marcará unha liñaxe real, da que non coñecemos a orixe mais si a fin, que se produce no ano 456, coa morte do seu neto [[Requiario]].