Arco farínxeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
quito etiqueta da adaptación do pt ao galego
arranxo
Liña 21:
| DorlandsSuf =
}}
Os '''arcos farínxeos''' ou '''arcos branquiais''' son unhas estruturas, preponderantemente [[mesodermo|mesodérmicas]], situadas aos dous lados da farinxe, que se orixinan durante o desenvolvemento embrionario dos animais do [[phylum|filo]] [[chordata|Cordados]] (desenvólvense ao redor da cuarta ou quinta semana (no [[ser humano]]). Poden permanecer no individuo adulto, como no caso das [[lamprea]]s, ou só seren plenamente funcionais en estado embrionario, como no caso humano; non obstante, nos seres humanos existen reminiscencias, como a [[trompa de Eustaquio]] e outras partes do [[oído]], que conforman o canal auditivo. Inicialmente estes arcos consisten en segmentos de tecido mesenquimatoso separado polas [[fenda branquial|fendas branquiais]]. Simultaneamente, desenvólvense nas paredes laterais do [[intestino farínxeo]] as [[bolsa farínxea|bolsas farínxeas]]. Estas penetran no mesénquima, mais non establecen unha comunicación externa coas fendas.
 
Cada arco farínxeo consiste nun centro de tecido mesenquimatoso cuberto externamente por [[ectoderme]] e internamente por [[endoderme]]. Para alén do [[mesénquima]] presentan un compoñente [[músculo|muscular]], [[nervio]]so e [[sangue|sanguíneo]].