Skeleton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu:Szkeleton
mentón>queixo
Liña 7:
Ao igual que no luge e no bobsleigh é moi importante a saída, que ten que ser explosiva para coller velocidade o máis axiña posible, de aí que se empregue un calzado especial coa máxima adherencia. Unha vez collida velocidade nos primeiros 50 [[metro]]s, o piloto-esbarador colócase boca abaixo na zorra, procurando que a súa postura sexa o máis aerodinámica e plana posible.
 
O casco que se emprega ten unha protección especial no mentónqueixo, xa que a cara do esbarador pasa moi preto do chan. Os traxes que se empregan actualmente están fabricados con fibras sintéticas e especialmente deseñados para axustarse ao corpo e ofrecer a mínima resistencia ao aire.
 
Outra característica importante é que non existe un volante ou timón para afrontar as curvas, senón que é propio esbarador o que carga o seu peso cara un lado ou outro segundo a dirección que deba tomar a zorra.