Diferenzas entre revisións de «Símaco, papa»

m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: yo:Pope Symmachus)
mSem resumo de edição
O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]], encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de [[Basílica de Santa Práxedes|Santa Práxedes]], [[Lourenzo, antipapa|Lourenzo]], como [[antipapa]].
 
Ante a existencia de dous pontífices, o rei [[ostrogodo]] [[Teodorico o Grande]], intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o [[1 de marzo]] de [[499]], no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de [[Nocera]]. Neste sínodo decretouse que todo clérigo que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir aoo seu futuro sucesor, sería excomungado.
 
Porén, o cisma reiniciouse en [[501]], cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer anteperante o rei para responder dasas acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.
 
O [[23 de outubro]] de [[502]] convocouse un novo [[sínodo]], coñecido como ''[[Synodus Palmaris]]'', que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.
Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no [[San Xoán de Letrán|Palacio de Letrán]] como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en [[506]], o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.
 
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente aosos bispos de [[África]] que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións aás que os [[vándalo]]s, de doutrina [[arianismo|ariana]], someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
 
== Ligazóns externas ==
4.779

edicións