Vermudo II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1521615 de Alexandre Vigo (conversa)Desfago edición sen referenciar
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
O [[15 de outubro]] do ano [[982]], a máis alta nobreza galega proclama rei a un fillo de [[Ordoño III]], Vermudo, e coróano en [[Santiago de Compostela]]. Axiña o novo rei faise coa soberanía de todas as terras galegas (que nese momento chegaba ata [[Coimbra]]). Ramiro III, entrou entra en territorio galego coas tropas reais sendo derrotadas en Portela de Areas (preto de [[Monterroso]]). Vermudo II empezaba o seu reinado en terras galegas. Na primavera do ano [[984]], invadiu as terras do seu rival e as tropas galegas expulsaron a Ramiro III de León. Este fíxose forte en [[Astorga]] e non renunciou á coroa leonesa ata a morte no ano [[986]].
 
No ano [[985]], Vermudo II aparece asinando documentos en [[Celanova]] dando testemuño de que xa non ten resistencias e estando ao seu lado como coasinante o líder da nobreza galega [[MenendoMendo GonzálezGundisalviz]]. Así mesmo, procura o apoio das dioceses, quer pacificamente mediante doazóns (caso de Iria-Santiago e [[Lugo]]) ou ben metendo na cadea ao bispo (caso de Gustedeo de [[Oviedo]]).
 
No ano 986 outorga privilexios as comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como [[Pico Sacro]]) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de [[Almanzor]].
Liña 26:
== Pervivencia da súa liñaxe ==
 
Sosténdose na nobreza galega, busca apoios tamén na castelá. Casa coa filla do conde de [[Castela]], Elvira García, e confía a educación do seu fillo ao conde galego [[MenendoMendo GonzálezGundisalviz]]. Este será o dono da situación á morte de Vermudo no ano 999, e defenderá con éxito os dereitos do seu protexido [[Afonso V]] o devandito fillo de Vermudo II.
 
A morte lévao no ano 999 estando no [[Bierzo]]. Os seus restos consérvanse na catedral de León.