Condado de Lemos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Categoría máis específica
Xoacas (conversa | contribucións)
m Sen referencias
Liña 1:
{{SenReferencias}}
 
[[Ficheiro:Escudo Lemos.jpg|thumb|right|350px|ref| Escudo dos Condes de Lemos, emplazado sobre a porta do palacio condal de [[Monforte de Lemos]]; os seis roeles corresponden ó escudo da [[Familia Castro]], e os lobos pasantes a dos [[Osorio]].]] '''Conde de Lemos''' é un [[título de nobreza]] español, ligado á cidade [[Galicia|galega]] de [[Monforte de Lemos]]. Nun principio, o condado de Lemos ía ligado ao de [[Casa de Trastámara|Trastámara]] e [[Sarria]], e tiña carácter non hereditario. O Condado de Lemos como título autónomo, hereditario e perpetuo comezou con [[Pedro Álvarez Osorio]]. Tradicionalmente estivo ligado á [[Familia Castro]], segundo [[Manuel Murguía]], unha estirpe "''case real''" e segundo Hermida Balado, a única liñaxe galega que puido dar lugar a unha saga real. Unha das teorías que sitúan a orixe da saga de [[Familia Castro|os Castro]], remite aos Castro de [[Castroxeriz]] como descendentes do [[Reino de Galicia|Rei de Galicia]], [[García de Galicia|Don García]], morto prisioneiro no [[castelo de Luna]] en 1090; [[García de Galicia|Don García]] tivo por fillo a [[Fernán Ruiz De Castro]] que casou con María Álvarez e tiveron por fillo a [[Rodrigo Fernández De Castro]], "O Calvo". O escudo da rama Galega dos Castro eran seis roeles de azur en campo de prata, os cales ao longo da evolución do familia fóronse complementando con outros, como os lobos desollados da familia Osorio.