Campo magnético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
mSen resumo de edición
Liña 4:
<math> F \propto B \cdot v \cdot Q\cdot{Sen(\theta)}</math>
 
Por outra banda o campo magnético pódese abordar de xeito semellante ao [[campo eléctrico|eléctrico]], máis en lugar de considerar a carga eléctrica (un escalar) como fonte do campo, este papel vaino facer o '''[[momento dipolar magnético]]''' (un vector). É neste senso que se fala do campo magnético coma un campo que deriva dun potencial vectorial e non dun escalar como o campo eléctrico.
 
<math> B = \nabla \times \mu</math>
 
Onde B é o vector indución magnética e &mu; é o momento dipolar magnético que o xeneraxera. Unha consecuencia disto é o feito de o campo magnético non ser un [[campo conservativo]], e daquela non ser irrotacional, presentando en xeral un [[rotacional]] que non se anula. Porén a súa diverxencia, resulta nula por definición, polo que non hai fontes nin sumidoiros nun campo magnético, non hai "cargas magnéticas", ou máis correctamente, non hai [[monopolo magnético]]. E por isto mesmo as liñas de campo son sempre pechadas.
 
Para ter unha idea intuitiva do que é un '''dipolo magnético''', pódese considerar o caso máis sinxelo que o xera: o dunha corrente eléctrica circular. Neste caso o dipolo magnético é un vector perpendicular ao plano do círculo, co sentido de avanzo dun sacacorchostirarrollas que xira coa corrente. O seu módulo vén dado polo produto de corrente e radio.
 
Un caso importante de material magnético é o do [[imán]]. É un material como a magnetita (imán permanente), o ferro imantado etc., que cria ao seu redor un campo magnético. A razón atópase no feito de ter na súa estrutura interna unha serie de [[dominio]]s, nos que os electróns presentan orbitais que dan lugar a momentos magnéticos paralelos, e ademais este dominios están orientados dun mesmo xeito, fornecendo un momento resultante non nulo. O '''imán''' sempre presenta un polo norte e un polo sur, aínda que rompa cada anaco manterá os dous polos evidenciando de novo o feito de que as liñas de campo son sempre pechadas: saen do polo norte e entran de novo polo polo sur (ver a figura).