Requinta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Desfíxose a edición 1553231 de 85.91.87.188 (conversa)
Liña 1:
'''[[A '''requinta''' é un tipo de [[frauta traveseira]] típica de [[Galicia]], máis especificamente das [[Terras do Ulla]]. Naceu como instrumento de acompañamento de formacións típicas de música tradicional con [[gaita]], [[bombo]] e [[tamboril]]. A súa construción é artesanal, e a madeira empregada adoita se-lo [[buxo]], aínda que non é infrecuente atopar requintas doutras madeiras nobres, como o [[granadillo]], ou doutras moito máis cativas como a [[hedra]]. Está composta de cinco pezas aneladas en alpaca, latón, ou ás veces en prata. A primeira peza leva a embocadura e a rosca de afinación, e a derradeira adoita levar unha chave que aumenta o cromatismo do instrumento, e resulta fundamental para afina-las [[nota]]s na terceira [[oitava]].
 
A principal afinación das requintas é o fa#, para poder servir de acompañamento ás gaitas afinadas en si natural, aínda que tamén se poden atopar requintas afinadas en sol, para acompañar gaitas afinadas en do natural. O xeito máis común de tocar é unha [[oitava]] por riba da [[gaita]], e cando coinciden dúas requintas, facendo unha mesma melodía en terceiras paralelas. A súa dixitación ven condicionada polo feito de que hai que tocar nunha escala de Si natural nun instrumento orixinariamente afinado en Fa e retocado para levalo ao Fa#. Así, a dixitación está pragada de '''tranquillas''', posturas entrecruzadas dos dedos que se empregan para obter as notas desexadas.
 
Os recursos de ornamentación de que fan uso os requinteiros son moi diversos, e só están limitados pola súa imaxinación e pola súa capacidade técnica. Adoitan utilizar trinos longos sobre notas cadenciais, fraseos picados e contranpuntísticos. O feito de que se atopasen pezas compostas para dúos e tríos de requintas sen gaita é unha proba de que este instrumento non foi nunca menosprezado en favor da [[gaita]], en contra do que se puidese pensar. De feito hai evidencias de grupos compostos exclusivamente por requinteiros.]]'''
 
==Ligazóns externas==
 
*[http://www.agaitadesarandon.com A gaita de Sarandón] Páxina web do grupo de requinteiros '''A gaita de Sarandón''', grupo ao que pertencen Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro, os dous últimos vellos requinteiros aínda en activo como membros dunha formación musical estable. Na páxina pódense ver as historias persoais destes dous requinteiros, as do grupo, as do resto dos membros, a historia da requinta, o seu instrumento insignia, e moitas cousas máis.
*[http://www.raiceiros.org Asociación Raiceiros] Asociación Ullán dedicada á investigación e difusión da cultura galega, fundamentalmente a da zona da Ulla, que ten en marcha desde o seu nacemento o '''Proxecto de Recuperación da Requinta''', no marco do cal, entre outras moitas cousas, producíu un documental no que se narran as vivenzas de catro requinteiros.
*[http://www.requintadexian.com A Requinta de Xian] Páxina dedicada ós instrumentos das [[Terras do Ulla]], especialmente a requinta.
*[http://es.geocities.com/zalocaride/ Obradoiro de gaitas e requintas Caride]
 
[[Categoría:Instrumentos musicais]]
[[Categoría:Instrumentos de vento]]
 
[[pt:Requinta]]