Recuperatio Imperii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Meister von San Vitale in Ravenna 004.jpg|thumb|right|200px|Xustiniano I]]
[[Ficheiro:Byzantium550.png|thumb|rigth|300px|Mapa do Imperio Bizantino en 550. En verde as conquistas durante o reinado de Xustiniano I]]
'''''Recuperatio Imperii''''' é un programa militar ideado polo Emperador bizantino [[Xustiniano I]] co fin de recuperar os territorios que conformaran antigamente o [[Imperio Romano de Occidente]] e que agora estaban baixo o poder dos bárbaros. A reunificación do [[Imperio romano]] era unha idea popular naqueles tempos, xa que é unha formulación que responde aos sentimentos estendidos entre amplas capas da poboación de Occidente (sobre todo entre o elemento senatorial urbano e sectores vinculados coa administración) e en parte do goberno do Imperio oriental, que intelectualmente xoga coa continuidade imperial en Occidente; de feito, o sentimento de ''romanitas'' encóntrase - no século VI - amplamente estendido por todo o Imperio e é correspondido pola ideoloxía oficial do goberno imperial - segundo a cal este non se afundiu en Occidente senón que os bárbaros gobernan alí en nome do Emperador de Oriente - e por parte da ''intelligentia'' de Constantinopla (por exemplo, é o caso do escritor [[Xoán Lido]], contemporáneo de Xustiniano).