Pelaxianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Defendida e sostida polo monxe bretón [[Pelaxio]], de quen recibiu o nome, difundida en [[Sicilia]], [[África]] e [[Palestina]] por [[Celso]], e sistematizada polo bispo de Campania, [[Xuliano]], esta herexía aparecida nos primeiros anos do [[século V]] minou ó [[cristianismo]] pola base.
 
Sostiña a capacidade natural do home para conseguir a salvación; abondaba para iso o uso da razón e da liberdade sen a intervención sobrenatural de Deus; negaba, ó mesmo tempo que a sustancia e as consecuencias do pecado orixinal, a absoluta necesidade da graza para realizar obras sobrenaturais. O pecado orixinal, no sentido en que o entendía a Igrexa, non existía para Pelaxio; o home, en efecto, nace sen ningunha mancha orixinal, coa perfecta integridade de natureza semellante a aquela con que saíu Adán das mans do Creador; o pecado do primeiro home non implicou ningún prexuízo ou dano nin trouxo consecuencia algunha para a posteridade; iso si, foi un mal exemplo, e en tanto pode se falar de pecado orixinal en canto os homes pecan a semelhanzasemellanza de Adán. Por conseguinte: nin o bautismo é de absoluta necesidade para a vida eterna - requírese só para poder formar parte da Igrexa - nin a graza é necesaria para as obras sobrenaturais, nin a Redención, sequera, pode ser considerada como un rescate. A graza é, solamentesoamente, unha iluminación interior; non actúa sobre a nosa vontade e non transforma a nosa alma; a Redención é, sen máis, un reclamo, unha invitación a unha vida superior, pero permanece sempre exterior a nós, non crea nada dentro de nós.
 
Xa aos primeiros asomos desta herexía, levada a África por Celso o ano [[310]], o concilio cartaxinés do [[311]] excomungou a Celso e obrigoulle a se recluír en Palestina, onde se atopaba o seu amigo Pelaxio. Se en Palestina a herexía atopou bispos compracentes, en África, a lóitaloita conducida por [[Agostiño de Hipona]], fíxose encarnizada rematando a condena da herexía no [[Concilio de Milevi]] do ano [[316]]; finalmente a Epístola tractoria do Papa [[Zósimo]] que, tomando un termo medio entre as definicións dos dous concilios africanos, condenou solemnemente a herexía: esta condena foi despois confirmada polo [[Concilio de Éfeso]] do ano [[431]].
 
Algunhas expresións radicais de AgostinhoAgostiño, na polémica pelaxiana, sobre a necesidade da graza fixeron pensar tratábase de quitar ó libre arbitrio toda participación na obra da salvación; por este motivo algúns monxes do mosteiro de San Víctor de Marsella créronse no deber de propor a seguinte doutrina:
# Está en poder do home o se dirixir a Deus a lle pedir axuda, como está en poder do enfermo o acudir ó médico;
# Do mesmo modo a predestinación eterna depende en último análise da vontade humana, xa que a esta corresponde perseverar ata o fin.
 
Un discípulo de San Agostinho, San [[Próspero de Aquitania]], denunciou rapidamente semipelaxianismo e foi o centro de varias polémicas teolóxicas durante case un século ata que, finalmente, o Concilio de Orange do ano [[529]], aprobado solemnemente por [[Bonifacio II]], condenouno en [[532]], declarando e establecendo que o home caídocaido non pode nin obter a fe nin la desexa sen a graza proveniente; e moito menos perseverar no ben sen unha secuela de grazas coadiuvantescoadxuvantes, nin perseverar ata o fin sen un don especial ligado á súa predestinación.
 
[[Categoría:Cristianismo]]