Patoloxía humoral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
patoloxía dos humores
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
Desde tempos de [[Hipócrates]] e [[Galeno]], a orixe das [[enfermidade]]s explicábase mediante a '''teoría dos catro humores''', segundo a cal o corpo humano contiña catro líquidos ou humores en catidades e proporcións determinadas. Se, por calquera causa, rompíase este equilibrio, producíase a enfermidade. Esta '''patoloxía humoral''' mantívose case sen discusión ata mediados do [[século XIX]], cando nace a [[medicina]] moderna.
 
A teoría dos humores sostén que no corpo humano hai catro humores básicos: '''bile negra, bile ou bile amarela), flema''' e '''sangue'''. As proporcións entre uns e outros variaba entre as diferentes persoas, en función da [[dieta]] e da actividade de cada quen, pero mantiñan unha situación de equilibrio dentro de cada individuo. Cando se producía unha diminución (como tal, por unha [[hemorraxia]] ou unha [[diarrea]]) ou un aumento (como tal, na [[obesidade]] ou na conxestión) en calquera deles, a saúde da persoa resentíase e alterábase, no que consideraban enfermidade.
 
Partindo desta base etiolóxica, o tratamento que aplicaban os ''físicos'' ían dirixidos a restituír o equilibrio humoral perdido. Para curar o que consideraban exceso de sangue, realizaban [[sangradura]]s, con lancetas ou [[samesuga]]s. Para curar o exceso de bile, aplicaban calor.
 
Os devanditos humores correspondías á idea [[filosofía|filosófica]] grega de que o universo estaba formado por catro elementos básicos: auga, aire, lume e terra, cada un deles dotado dunha propiedade característica: humidade, secura, calor e frío, respectivamente. O equilibrio entre aqueles catro elementos era o que mantiña a harmonía do [[cosmos]]. Os líquidos orgánicos, os humores, presentaban estas mesmas propiedades: o sangue era quente e húmida; a flema, (fría e húmida; a bile amarela, quente e seca; e a bile negra, fría e seca, e o seu equilibrio garantía igualmente ese microcosmos que é o home.
 
==Os humores e o temperamento==