Patoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
un detalle
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 7:
Non debe confundirse coa [[nosoloxía]], que é a descrición e sistematización das diferentes enfermidades.
 
Na antigüidade, polo descoñecemento da existencia dos microorganismos e dos fenómenos [[metabolismo|metabólicos]] como causa das enfermidades, estas atribuíanse a unha alteración do equilibrio entre os catro humores ([[patoloxía humoral]]).
 
Por extensión, o termo ''patoloxía'' utilízase tamén como sinónimo da propia enfermidade (''O tabaco está na orixe de numerosas patoloxías'').
Liña 29:
* '''[[Patoloxía funcional]]''': ou [[fisioloxía]] patolóxica.
 
Pero actualmente, resulta máis habitual unha clasificación das especialidades médicas agrupando as enfermidades segundo o sistema ou órgano afectado ([[patoloxía cardiovascular]], [[patoloxía dixestiva|dixestiva]], da [[patoloxía da reproducíon|reprodución]]), que á súa vez poden subdividirse en áreas máis concretas (por exemplo, [[odontoloxía]], [[hematoloxía]]). Outras especialidades baséanse na idade dos enfermos (patoloxía neonatal, xeriátrica).
 
Por outra banda, e aplicada ás enfermidade das plantas ou animais, estaría a '''[[patoloxía vexetal]]''' e a '''[[patoloxía animal]]''', respectivamente.