Diferenzas entre revisións de «Luis de Góngora»

arranxos de formato
(arranxos de formato)
[[Ficheiro:Diego Velázquez 034.jpg|thumb|300px|Luis de Góngora por [[Diego Velázquez]]]]
'''
'''Luis de Góngora y Argote''', nado en [[Córdoba]] o [[11 de xullo]] de [[1561]] e finado tamén en [[Córdoba]] o [[23 de maio]] de [[1627]] foi un poeta e dramaturgo español, máximo representante do [[culteranismo]] e figura destacada do chamado [[Século de ouro]] español.
 
[[Ficheiro:Diego Velázquez 034.jpg|thumb|300px|]]
Luis de Góngora y Argote''', nado en [[Córdoba]] o [[11 de xullo]] de [[1561]] e finado tamén en [[Córdoba]] o [[23 de maio]] de [[1627]] foi un poeta e dramaturgo español, máximo representante do [[culteranismo]] e figura destacada do chamado [[Século de ouro]] español.
 
== Biografía ==
 
== Biografía ==
Realizou os seus primeiros estudos no [[colexio]] dos [[xesuitas]] da súa cidade natal. O seu tío [[Francisco de Góngora]] confírelle os beneficios eclesiásticos da razón catedralicia converténdoo en crego con tan só 14 anos para a continuación envialo a estudar ''[[Cánones]]'' a [[Salamanca]]. Fica matriculado dende [[1576]] ata [[1580]], pero non hai constancia de que obtivese título ningún. A súa falta de interese polos estudos combinouse co espertar da súa vocación poética, datándose as súas primeiras composicións nesta época.
 
Co obxectivo de sustentar o seu elevado nivel de vida empeza a procurar a protección dalgún [[mecenas]], coma o [[Marqués de Ayamonte]] ou o [[Conde de Lemos]], con escasos resultados. Finalmente, o [[Conde de Lerma]], a quen louvara nuns versos, consegue que o monarca [[Felipe III]] nomee a Góngora [[capelán]] real no [[1617]], culminando así as súas arelas de medrar na [[Corte]] real. Porén, a perda do favor real por parte do Conde e a posterior suba ao trono de [[Felipe IV]] comprometen seriamente a súa situación. O poeta procura entón congraciarse co novo favorito do rei, o [[Conde-Duque de Olivares]], quen o obvia sistematicamente. Enfermo e sen cartos regresa a Córdoba no [[1626]], onde falecerá ao ano seguinte.
 
== Traxectoria poética ==
Luis de Góngora foi o abandeirado do culteranismo, tamén chamado siginificativamente gongorismo. Esta corrente estilística caracterizouse polo seu [[barroco|barroquismo]], subordinando o contido das composicións, que adoita ser mínimo, á forma na que se expón, unha forma recargada, ateigada de [[metáfora]]s, [[hipérbole]]s, [[latin]]ismos e de constantes referencias [[mitoloxía|mitolóxicas]]. Trata de evitar chamar ás cousas polo seu nome, recorrendo a rodeos ou alusións inesperadas. O outro movemento do [[século]] foi o [[conceptismo]], que tivo en [[Francisco de Quevedo]] ao seu máximo expoñente. De feito, Góngora e el rivalizaron duramente, dedicándose aldraxes mutuas en verso.
 
Luis de Góngora foi o abandeirado do culteranismo, tamén chamado siginificativamente gongorismo. Esta corrente estilística caracterizouse polo seu [[barroco|barroquismo]], subordinando o contido das composicións, que adoita ser mínimo, á forma na que se expón, unha forma recargada, ateigada de [[metáfora]]s, [[hipérbole]]s, [[latin]]ismos e de constantes referencias [[mitoloxía|mitolóxicas]]. Trata de evitar chamar ás cousas polo seu nome, recorrendo a rodeos ou alusións inesperadas. O outro movemento do [[século]] foi o [[conceptismo]], que tivo en [[Francisco de Quevedo]] ao seu máximo expoñente. De feito, Góngora e el rivalizaron duramente, dedicándose aldraxes mutuas en verso.
Distínguense dúas etapas na evolución do poeta:
 
=== Etapa do ''Príncipe da luz'' ===
 
Nesta época os rasgos culteranos son moito menores. Compón [[romance]]s amorosos, poemas relixiosos e outros dedicados ás súas amizades.
 
=== Etapa do ''Príncipe das tebras'' ===
 
É a etapa culteranista por excelencia. Acentúa grandemente o seu [[hermetismo]] e intensifica os artificios propios do gongorismo. Desta época son as súas compsicións máis sonadas, ''Soledades'' e ''Fábula de Polifemo e Galatea''.
 
Góngora emprega as formas métricas do momento, tales coma o romance, o [[soneto]], o [[terceto]], a [[octava]], etc.
 
== Góngora e [[Galiza]] ==
 
Nunha das súas viaxes o poeta visitou Galiza, aló polo ano 1609. Tras ela, dedicou ao país estes insultantes versos, por outra banda, algo nada estraño nos escritores españois do momento: ''Oh, montañas de Galicia,/ cuya, por decir verdad,/ espesura es suciedad,/ cuya maleza es malicia,/ tal, que ninguno codicia/ besar estrellas pudiendo,/ antes os quedáis haciendo/ desiguales horizontes;/ al fin, gallegos y montes,/ nadie dirá que os ofendo''.<ref>[[Xosé Ramón Freixeiro Mato|Freixeiro Mato]] (2009) en [[Pilar García Negro|García Negro]], ''Sobre o racismo lingüístico'', [[Edicións Laiovento|Eds. Laiovento]]</ref>
 
== Edicións modernas das súas obras ==
 
* ''Sonetos completos'' (1969) Ed. Castalia.
* ''Soledades'' (1980) Ed. Cátedra
* ''Fábula de Polifemo y Galatea'' (1983) Ed. Cátedra
 
== Referencias ==
 
<references/>
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
 
* Lázaro, F. e Tusón, V. (1988) ''Literatura española 2º BUP'' . Ed. Anaya.
=== Bibliografía ===
* Lázaro, F. e Tusón, V. (1988) ''Literatura española 2º BUP'' . Ed. Anaya.
 
=== Ligazóns externas ===
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/gongora/ Páxina do autor na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]
 
{{DEFAULTSORT:Gongora, Luis}}
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de España]]
94.171

edicións