Cabelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
imaxe
tallo>talo
Liña 5:
Unha [[glándula sebácea]] desemboca dentro de cada folículo. Existe un fachuco de fibras musculares lisas unidas a cada pelo. A contracción dos [[músculo]]s fai que o pelo se levante, cambiando así o seu ángulo con relación á pel. Este proceso incrementa as posibilidades aislantes da cuberta do pelo, proporcionando así un mellor abrigo contra o frío.
 
O [[tallotalo]] comprende tres capas. A [[medula]], que consiste en [[célula]]s queratinizadas, laxamente unidas, e que está presente soamente nos pelos máis grosos (pelo de garda). O espazo intercelular está cheo de aire. A medula está rodeada da cortiza, fortemente adherida. Na cortiza fíxanse a maioría dos gránulos de pigmento. A súa superficie áchase cuberta cun [[tegumento]], no que as células poden estar adheridas ou ben separadas nas porcións terminais, formando [[escama]]s.
 
O pelo sofre continuadas modificacións. Cando termina de crecer, a reprodución das células indiferenciadas da base do folículo tamén se detén, a raíz faise progresivamente máis estreita, e as células que se atopan encima da papila sofren un proceso de [[cornificación]]. Finalmente, a raíz sepárase da [[papila]] do pelo, e este cáese. Antes de que se desprenda, iníciase a formación dun novo pelo na base do folículo.