Economía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mercy (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 85.91.92.4 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoán Carlos Fraga
Liña 77:
== Sector primario==
==== Agricultura====
:''Artigos principais: [[Agricultura de Galicia]] e [[Denominacións de orixe de Galicia]]''.
:
[[Ficheiro:Fila de tractores con uva agardando para entrar en Martín Codax (dende arriba).jpg|left|Fileira de tractores agardando a descarga-la [[uva]] en [[Martín Codax (adega)|Martín Codax]].|thumb]]
(lurdesAs tieneindustrias pelosmanufactureiras en el sobaco)ede produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de [[produtos lácteos|derivados lácteos]] e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal 'FRIGSA' ('Frigoríficos Industriales de Galicia') que acabou sendo desmantelada e tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas. A agricultura, pois, pasou a un segundo plano dentro do sector primario. Nas explotacións agrícolas predomina o [[minifundio]], xa que o 75% das explotacións posúen menos de 5 hectáreas. Porén só supoñen o 18% da superficie agraria. En canto ós cultivos destacan o de plantas forraxeiras, o de cereais (principalmente [[millo]], seguido de [[centeo]] e [[trigo]]), o de [[pataca]]s, e o de [[leguminosa]]s. As [[froita]]s, as [[hortaliza]]s e as [[viña]]s ocupan menor extensión, mais son moi rendibles. Entre as froitas sorprende o cultivo de [[kiwi]]s, contando con 500 hectáreas a tal fin (o 62,5% do total a nivel español)<ref>[http://galiciagastronomica.galiciae.com/nova/16902.html Galicia, potencia en produción de kiwi dentro de España.] GaliciaGastronómica.</ref>.
 
A [[agricultura]] e [[gandaría]] pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da incorporación na [[UE]] e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous indicadores.
Liña 98 ⟶ 99:
Finalmente, a [[acuicultura]] constitúe unha especialización da explotación dos recursos mariños cada día máis desenvolvida e prometedora en Galicia, en constante proceso de expansión. No ano [[2005]], Galicia achegou o 82% da produción de acuicultura española, sendo o [[mexillón]] a especie máis representativa, con case 300.000 toneladas, un 96% do total. A seguir estaría o [[rodaballo]], con 5.700 toneladas.
 
=== Gandería ===
Damaris es un jabali.
:''Artigos principais: [[Gandería de Galicia]] e [[Razas autóctonas de Galicia]]''.
 
[[Ficheiro:Matanza tradicional O Ribeiro.jpg|[[Mata do porco|Mata]] tradicional do porco no [[O Ribeiro|Ribeiro]]. A mata do porco constitúe, xunto co [[Entroido]], unha das formas máis representativas da cultura popular galega.|thumb]]
Co 64,7% do valor da produción final agraria a gandaría constitúe a principal actividade agraria en Galicia. Esta desempeña un papel estratéxico en Galicia polo peso económico e social que ten. O proceso de especialización gandeira comezou na década de 1960, propiciado polo alivio da presión demográfica sobre a terra e o abandono da agricultura como consecuencia da emigración masiva, ademais das aptitudes naturais para a produción de pastos e forraxes, e a remota tradición gandeira.
 
No campo galego dominan as explotacións de [[vaca|carne bovina]], con 1.016.361 cabezas no ano [[2000]]. Durante o século pasado produciuse a introdución de razas foráneas coa fin de aumentar a produtividade e a rendibilidade das explotacións, especialmente no sector [[produtos lácteos|lácteo]]; entre estas especies atopábase a [[vaca frisoa]], especie que actualmente supón entre o 80 e o 90%, segundo a comarca, de todas as reses orientadas a este tipo de produción en Galicia (443.000). Outras razas minoritarias son a [[parda alpina]] ou a [[Charolesa (vaca)|charolesa]]. Malia todo aínda hai explotacións que empregan razas autóctonas galegas, coma a raza cachena (3.034 cabezas en 136 explotacións), a caldelá (1.039 cabezas en 62 explotacións), a frieiresa (408 cabezas en 26 explotacións), a limiá (460 cabezas en 35 explotacións) e a vianesa (1.362 cabezas en 72 explotacións)<ref>Datos do mes de Nadal de 2007, extraídos da [http://mediorural.xunta.es/gandaria/razas/raza.php?menu=0&op=ga&sv=1 páxina de Medio Rural.]</ref>.
[[Ficheiro:Arzua. A Castanheda. Galiza 06.jpg|thumb|left|Con 204.573 femias en idade reprodutora a [[Rubia galega]] é a raza bovina autóctona máis abondosa do estado<ref>[http://www.razanostra.com/rubia.asp Rubia galega.]</ref>.]]
 
Pola contra, na orientación cara ó consumo de [[carne]] a raza [[rubia galega]] (froito dunha selección artificial realizada no propio país) é a hexemónica e posúe [[DOP|denominación de orixe]] de seu<ref>[http://www.terneragallega.com/ DOP Tenreira galega.]</ref>.
 
Galicia, xunto con Asturias, son as dúas únicas comunidades nas que parte da súa produción de carne de vacún se realiza de forma tradicional, os tenreiros permanecen xunto ás nais ata o sacrificio. A base da súa alimentación é o leite complementado con forraxes e cereais, estas explotacións están moi ligadas á terra<ref>[http://www.galicia2010.com/texto_sistema_agroindustrial_y_forestal3.htm III. Análise interna do sector produtivo.]</ref>.
 
A sustitución das razas tradicionais tamén afectou a outras sectores gandeiros coma o [[porco|porcino]] (777.118 cabezas en 2000); introducíronse fundamentalmente o ''large white'' e o ''landrace'', aínda que o [[porco celta]] está a se recuperar para a súa comercialización<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/02/00031222961267279100683.htm La cría de porco celta en Galicia evoluciona de lo folclórico a lo comercial] {{Es}}.</ref>.
 
A [[galiña|avicultura]] constitúe outro dos piares da gandaría galega, cunha forte implantación tradicional e, nas comarcas máis meridionais, incluso industrial. A raza autóctona é a [[galiña de Mos]]. Menor importancia teñen o [[ovella|gando ovino]] (360.000 cabezas en 1999, coa presenza da raza autóctona [[ovella galega]]) e o [[cabra|caprino]] (53.713 reses). Outras producións gandeiras con certa significación son a [[coello|cunicultura]], a [[apicultura]] e a cría de [[visón]]s.
 
A finais do [[século XX]] introducíronse especies exóticas, como as avestruces e os canguros. O [[leite]] (49,8%), carne de bovino (18,5%), aves e [[ovo]]s (16,5%) e carne de porcino (12,4%) son as principais producións gandeiras. No tocante ó leite, a produción está estabilizada nos últimos anos ó redor de 1,8 millóns de litros, debido ó [[Cota láctea|sistema de cotas]] establecido pola [[Unión Europea]]. O 92% da produción véndese ás industrias lácteas.
 
===Silvicultura===
[[Ficheiro:Pinus pinaster male cone.jpg|thumb|Con 467.351 hectáreas, o Piñeiro marítimo (''[[Pinus pinaster]]'') ocupa o 23% de toda a superficie forestal galega<ref nam(TONTOS)name=Madeira>[http://www.cismadera.com/galego/downloads/introducion.pdf Aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster.]</ref>, sendo a especie forestal máis abondosa no país.]]
En 2002 a produción forestal galega alcanzou o 45,5 por cento do total estatal ocupando a primeira posición. A produción en 2002 foi de 4.910.067 m³. Débese prestar atención ao feito de que a produción galega multiplicouse por 3,2 desde 1973 mentres que a produción estatal só aumentou un 40 por cento. O valor económico da [[madeira]] cortada ascendeu en 2002 a 222.473.951 euros. A actividade de primeira transformación da madeira representa o 3% do PIB galego<ref>[http://mediorural.xunta.es/forestal/industrias/index.php Servizo de produción e industrias forestais.]</ref>. Como actividade residual destaca a comercialización de [[castaña]]s nas provincias do interior.
 
A superficie forestal en Galicia ocupa 2.039.574 hectáreas, o que constitúe o 64% do territorio do país. As especies máis abondosas son por orde: o piñeiro marítimo (''[[Pinus pinaster]]'') con 383.632 ha, o carballo (''[[Quercus robur]]'') con 187.789 ha e o eucalipto (''[[Eucalyptus globulus]]'') 174.210 ha. A mistura de P. pinaster con [[Eucalipto|E. blobulus]] ocupa unha área de 159.414 ha<ref name=Madeira/>.
 
Pola súa banda a titularidade dos montes galegos tivo unha complexa historia, rematando a titularidade municipal e estatl e recoñecendo a propiedade veciñal en [[mancomún]]. A cuarta parte do territorio galego corresponde a monte veciñal en man común (unhas 700.000 hectáreas xestionadas por 2800 comunidades de montes)<ref>[http://mediorural.xunta.es/forestal/montes_man_comun/index.php Montes veciñais en man común.]</ref>. Ademais este réxime supón o 34% da superficie forestal, o resto son de propiedade privada individual<ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. [http://www.egu.es/ Versión en liña.]</ref>.
 
== Sector secundario==