Esporopolenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
+cat
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:misc_pollen.jpg|thumb|right|270px|Imaxe de grans de pole.]]
A '''esporopolenina''' (en inglés Sporopollenin) é un [[Terpeno|politerpeno]] impermeable resistente aos axentes químicos que se atopa na parede das [[espora]]s e a [[exina]] do gran de [[pole]]. É de feito o compoñente maioritario das mesmas.

==Características==
A súa estabilidade química é moi elevada polo que se conserva ben nos substratos e sedimentos onde poidan depositarse os grans de pole. A capa exterior de [[exina]] ten frecuentemente ligados patróns de deseño (ver imaxe á dereita), o que deixa empregar o material recuperado de sedimentos recentes ou antigos para o seu estudo [[palinoloxía|palinolóxico]] sobre as poboacións de plantas e fungos no pasado.
 
A composición química da esporopolenina non se coñece con exactitude, debido á súa inusual estabilidade química e resistencia á degradación por [[enzima]]s e por axentes químicos fortes. As análises químicas revelan a existencia dunha mestura de biopolímeros, contendo principalmente cadeas longas de ácidos grasos, fenil-propanoides, [[fenol|fenois]] e trazas de [[carotenoide]]s. Experimentos con marcadores revelaron á [[fenilalanina]] como o seu principal precursor pero ten carbón molecular proveniente doutras fontes. Pode dicirse que a esporolenina deriva de diversos precursores que que están vencellados químicamente para formar unha estrutura ríxida.