Garda Pretoriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 23:
Durante o século II d.C., a influencia dos prefectos aparece algo máis atenuada, favorecida polo clima de estabilidade institucional que presidiu a vida política do Imperio. A finais deste século a influencia política e todos os niveis en xeral dos prefectos se incrementaron exponencialmente. Ata o punto de que un prefecto podería chegar a ser emperador ([[Macrino]] ou [[Filipo o Árabe]]) ou actuar como autenticos rexentes de emperadores demasiado xoves ou débiles ([[Timesiteo]] ou [[Gordiano III]]). A súa dignidade chegou a tal, que [[Constantino]], o cal disolve as cohortes pretorianas, dubidou en manter a institución, iso sí, sen atribucións militares.
Estes prefectos participaban activamente en decisións políticas determinantes para o desenvolvementeo da vida institucional do Imperio: algúns acompañaban ao emperador ao senado, outros influían nos nombramentos dos maxistrados, xenerais ou gobernadores da provincia...
 
===Tribuno pretoriano===
Era o oficial ao mando de cada cohorte, este tiña que ser de rango ecuestre", principalmente primipilar, o cal pasara polo rango máis alto do centurionado lexionario (''primus pilus'' ou primer centurión da lexión). Este cargo soamente o podería manter durante un ano, o cal despois dese ano debía continuar a súa carreira noutras unidades.
A carreira ecuestre (pola cal se ascendería a tribuno pretoriano) quedou ficada progresivamente no reinado de Claudio: o ''primus pilus'' dunha lexión era ascendido como mando á guarnición da capital do Imperio, comezando como tribuno dunha cohorte de vixiles, a continuación ascendíaselle a unha cohorte urbana, ata que ao final alcanzaba o rango de tribuno dunha cohorte pretoriana. Despois de desempeñar este carfo o ectribuno podería continuar a súa carreira como'' primus pilus bis'', despois do cal podería ofrecérselle unha procuratela e o acceso aos escalóns mais altos da administración imperial.
Entre as funcións dos tribunos estaban as de controlar a disciplina, o equipamento e o adestramento das súas tropas, así como dirixiras na capital como en campaña.
 
==Véxase tamén==