Chris Webber: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Chris Webber
→‎Universidade: os "Fab Five": formatiño de referencia
Liña 44:
A ousadía e rapidez destes mozos levantaron gran expectación entre os seguidores e observadores de baloncesto universitario, que viron referendadas as súas expectativas cando o equipo chegou á [[Final Four]] de [[1992]], celebrada o [[19 de marzo]] dese ano no Metrodome de Minneapolis ([[Minnesota]]), contra o poderoso equipo de [[Duke Blue Devils|Duke]], que contaba con estrelas do calibre de [[Christian Laettner]] (senior), [[Bobby Hurley]] (senior) e [[Grant Hill]] (rookie). O encontro delatou a inexperiencia dos Wolverines e os Blue Devils levaron a vitoria por un contundente 71-51.
 
A tempada seguinte, o conxunto de Michigan repetiu proeza e nesta ocasión tivo o título máis preto que nunca, aínda que un fatídico erro de Webber a once segundos para a finalización do partido puxo en bandexa o triunfo do seu rival, a [[North Carolina Tar Heels|Universidade de North Carolina]]. Co balón en posesión da á-pivote e o seu equipo dous puntos abaixo no marcador, Webber pediu un tempo morto do cal non dispuña,<ref>[http://www.youtube.com/watch?v=Vn-_URq7K04&feature=related 1993Campionato de baloncesto da NCAA Basketballde Championship1993], vídeo en [[Youtube]]</ref>, razón pola que os Wolverines foron sancionados cunha falta técnica ao banco e dous tiros libres e posesión para os Tar Heels, que finalmente se impuxeron por 77-71.
 
No entanto, todos estes éxitos víronse embazados en [[2002]], ano no que se coñeceu que algúns xogadores da Universidade de Michigan recibiran diñeiro procedente do mecenas do equipo de baloncesto, [[Ed Martín]], a cambio de elixir formar parte dos Wolverines, algo prohibido polo regulamento da NCAA. Entre eses xogadores atopábanse [[Louis Bullock]], [[Robert Traylor]], [[Maurice Taylor]] e o propio Webber, que nun primeiro momento negou os feitos, aínda que finalmente acabou recoñecéndoos ante unha inminente condena maior, provocada por mentir baixo xuramento ante un tribunal federal. Por mor de todo iso, a [[NCAA]] considera nulos para tódolos efectos os rexistros dos Wolverines, que ven como quedan borrados do seu historial os dous subcampionatos anteriormente descritos. No que a Webber particularmente refírese, desposuíuselle do premio All-American Team de [[1993]].