Fuxan os Ventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños da lingua
Liña 12:
| web = www.fuxanosventos.net
}}
'''Fuxan os ventos''' (chamado asás veces simpelmentesimplemente ''Fuxan'') é un grupo [[música galega|musical galego]] formado en [[1972]] en [[Lugo]] no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de ''Folk 72'' no III Festival musical das San Lucas de [[Mondoñedo]], onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
 
== Historia==
No ano [[1973]] o grupo participou no III Festival Ría de Ares, en [[Pontedeume]], gañando tamén o primeiro premio. No ano seguinte participaron noutros festivais en [[Ferrol]] e [[Madrid]], acadando sempre o recoñecemento da crítica e prensa especializada, mentres participaban na misa radiada de [[Radio Popular]], no que xa participaban antes da creación do grupo.
 
No ano [[1975]] o grupo sufriu a súa primeira escisión. No seo do grupo agroman dúas liñas de traballo, unaunha tendente oao folclore universal e outra máis comprometida coa cultura, idioma e identidade galega. Foi a segunda liña a que quedou, e comeza o percorrido polos teleclubes da provincia con "Galicia canta ó Neno", unha montaxe e representación costumista-musical, escenificación do xeito de vivir as festas do [[Nadal]] en Galicia. Este proxecto incluíu a participación de moita xente e a recolleita de centos de [[panxoliña]]s, [[aguinaldo]]s e [[cantos de Reis]].
 
Pouco despois aparecen as primeiras ofertas para editar discos. Nos primeiros anos o grupo rexeitaba a posibilidade de gravar o repertorio do grupo, co fin de non comercializar o problema galego. Pero en [[1976]], co fin de espallar o seu traballo, chegan a un acordo [[Philips-Fonogram]], co que o grupo podería gravar aá súa maneira (sen arranxos electrónicos), manter a liña do grupo e o compromiso político apartidista e se asegurarían que o grupo non se comercializaría cara adentro. Froito daquel acordo edítase en 1976 o seu primeiro disco, ''Fuxan os ventos'', e posteriormente outros tres: ''O Tequeletéquele'' , ''Galicia canta ó neno'' e ''Sementeira''. O grupo aumentou o número de actuacións, chegando a [[Cataluña]], [[Euskadi]], [[Lisboa]], [[Bruxelas]], [[París]], [[Zúric]], [[Brest]], e mesmo en dúas edicións do [[Festival Intercéltico de Lorient]] ([[1978]] e [[1979]]).
 
O grupo segue a cantar na Misa da radio, a representar "Galicia canta ó Neno" por toda Galicia, espectáculo que chega a retransmitirse en en directo, dende o [[Teatro Colón da Coruña]] a través da [[TVE]] en Galicia. Participaron na "1ª Romaxe de Crentes Galego" que organizan [[Irimia]] e [[Encrucillada]], na que colaborarán na maior parte das edicións. En [[1977]], prodúcese a segunda escisión do grupo, por mor de manter a independencia política. Entre [[1978]] e [[1980]] o grupo aumentou o número de actuacións, chegando a [[Cataluña]], [[Euskadi]], [[Lisboa]], [[Bruxelas]], [[París]], [[Zúric]], [[Brest]], e mesmo en dúas edicións do [[Festival Intercéltico de Lorient]] ([[1978]] e [[1979]]), mentres realizan unha ''Campaña Cultural'' en zonas de montaña, con 30 actuacións en vilas e aldeas da provincia.