Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
[[Ficheiro:Egypte_louvre_225_hieroglyphes.jpg|right|thumb|350px]]
 
Coñécese a '''lingua exipcia''' desde finais do IV Milenio. Fai parte do grupo de linguas afro-asiáticas e está relacionada coas linguas [[bérber]]es e [[linguas semíticas|semíticas]] (como o [[Lingua árabe|árabe]] e o [[lingua hebrea|hebreo]]). Subsistiu até o [[século V]] na forma de [[demótico exipcio|demótico]] e até a [[Idade Media]] como [[lingua copta|copto]], manténdose na actualidade como lingua de culto dos [[copto]]s. Foi substituída polo [[Lingua árabe|árabe]]. Con máis de 4000 anos resulta ser unha das linguas máis antigas con rexistro escrito.
 
== Historia da lingua ==
 
O exipcio pasou polas seguintes etapas:
 
 
== Estrutura ==
 
O exipcio é unha lingua afro-asiática típica. O vocabulario consiste en raíces de tres [[consoante]]s, como en /nfr/, "fermoso". Nalgúns casos só había dúas, como por exemplo en /r'/ "sol" (o apóstrofe representa unha [[fricativa]] [[farínxea]] [[sonora]], e noutros podía haber até cinco, como en /sxdxd/ "estar cos pés para riba". Destas consoantes derivaban outras palabras engadíndolles [[vogal|vogais]] e outras consoantes. Porén, non se sabe de que vogais se trataba, xa que non se transcribían. Así, ''ankh'' podería ser tanto "vida", como "vivir" como "vivinte". Na transcrición, "a", "i" e "u" representan consoantes: por exemplo, o nome Tutankhamon escribíase "twt 'nkh ymn". A estes valores téñenselle asignado sons xenéricos para permitir pronuncialos. Sen embargo, esta convención leva a moitos a pensar que se trata dunha pronuncia real que, de novo, é totalmente descoñecida.
 
 
== As escritas exipcias ==
 
Non é certo que os '''[[xeroglifo]]s''' sexan imaxes que representen ideas en vez dos sons da lingua. As formas tómanse, en efecto, de obxectos reais e imaxinarios, pero a maioría úsanse polo seu valor fonético. Así, o xeroglifo que representa unha casa pódese usar para escribir a palabra ''pr'' (descoñécense as vogais!), que significa "casa". Úsase o mesmo xeroglifo para a palabra ''prj'', "saír", debido á semellanza na pronuncia. Para asegurarse de que non hai ambigüidade en relación a que palabra se pretendía representar, os [[escriba]]s engadían un par de pernas en movimento por debaixo da casa para clarificar que se trataba de ''prj'' e non de ''pr''. Para aclarar aínda máis a pronuncia, moitas veces engádeselle tamén o xeroglifo que representa unha boca (''ro'') entre a casa e as persas en movemento, de maneira que o conxunto se lea "Palabra que soa como a palabra para casa, remata en ''r'' e está relacionada con camiñar". A escrita xeroglífica é, por tanto, unha mestura de compoñentes fonéticos e [[semántica|semánticos]]. Pódese ver este exemplo no artigo sobre os [[xeroglifo exipcio#Tabela de sistemas de transliteración|xeroglifos exipcios]].
 
 
=== Xeroglifos ===
 
[[Ficheiro:Prisse_papyrus.jpg|thumb|right|Sección do [[Papiro]] Prisse, da Biblioteca Nacional, en París, Francia. Atopado en [[Tebas, Exipto|Tebas]] en 1846. Contén copias en hierático dos ''Preceptos de Kamemna'' e dos ''Preceptos de Ptah-hotep''.]]
 
==== O uso das escritas ====
 
Os xeroglifos usáronse na maioría das formas de comunicación escrita que nos teñen chegado desde os Imperios Vello e Medio, polo menos nos documentos oficiais. Empregouse, en particular, sempre nas inscricións monumentais e decorativas. A versión cursiva aparece en textos relixiosos e no ''Libro de Kemyt'' (o "libro de texto" dos [[escriba]]s). A escrita hierática xa se usaba na administración corrente durante o Imperio Antigo e nos documentos relixiosos en [[papiro]]. No Terceiro Período Intermedio algunhas inscricións monumentais foron escritas en hierático, o que constituíu o punto de partida para unha hierática anormal que se empregou na área [[Tebas, Exipcio|tebana]] durante os séculos IX a VII e para a demótica desde comezos do século VIII no norte e un século máis tarde en todo o Exipto. O texto en xeroglifos máis recente coñecido é do ano [[364]] a.C.
 
 
==== Sintaxe dos hieroglifos ====
 
Como xa se dixo, a maioría dos xeroglifos que aparecen nun texto non representan os obxectos que semellan. Son fundamentalmente sons ou determinativos que mostran o tipo de palabra de que se trata. Os xeroglifos podíanse escribir das seguintes maneiras:
 
A aplicación destes coñecementos a outras fontes xeroglíficas máis coñecidas confirmou o traballo de Champollion e permitiu o estudo final dos xeroglifos exipcios.
 
==Véxase tamén==
== Artigos relacionados ==
=== Outros artigos ===
* [[Lingua copta]]
* [[Demótico exipcio|Demótico]]
42.753

edicións