Conquista do Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Carronada (conversa | contribucións)
Liña 8:
No mes de [[febreiro]] de [[1519]] [[Diego Velásquez]], gobernador de [[Cuba]], forma unha [[expedición]] que parte cara México comandada por [[Hernán Cortés]]. Porén, máis tarde proponse destituílo e, sabedor Cortés disto, decide precipita-los acontecementos saíndo da [[Habana]] o [[10 de febreiro]] con 665 homes. Os historiadores xa estimaban unha poboación neste mesmo ano duns 25.000.000 de habitantes mesoamericanos. Tamén neste ano [[Afonso Álvarez de Pineda]] viaxa pola costa do [[Golfo de México]] dende [[Florida]] ata o [[río Pánuco]]. Cortés fai a mesma viaxe que [[Xoán de Grixalva]], entra en contacto cos indíxenas, e o [[25 de marzo]] logra vencelos en [[Tabasco]], recibindo en compensación obxectos variados e 20 escravas; entre elas atópase [[Malinche]] (ou Malintzin, que máis adiante tamen desempeñará oficio como tradutora entre os españois e os aztecas, ademais, segundo outros biógrafos, será a mantida de Cortés). Prosegue viaxe e tras desembarcar na [[rada]] do que hoxe é [[Veracruz]], o [[21 de abril]] do mesmo ano funda a cidade que chamará [[Vila Rica da Vera Cruz]], e así poder obter a independecia de Cuba{{Cómpre referencia}}. Como medida de precaución ante as [[deserción]]s ou [[amotinamento]]s{{Cómpre referencia}} decide afundi-las naves despois de ser queimadas; estando nisto chéganlle noticias de [[Moctezuma II]], quen cre que Cortés é o principal sacerdote [[tolteca]] [[Ceacatl-Quetzalcóatl]] que volta ao país.

'''Véxase a continuación o relato de Cuauhtémoc, guerreiro de [[Tenochtitlán]]:'''

{{cita|
''“ApareceuApareceu un presaxio sobre a fraga, coa forma de mazaroca de millo que respladecia coma o amencer. Parecia sangrar lume, pinga a pinga coma se fose unha ferida no ceo. Son un guerreiro, non un sacerdote, e non sabía como interpretar este sinal. ¿Estaban anoxados o deuses?. Consultei cos adiviños e magos para saber se se aveciñaba outra… gran guerra. Pero só responderon máis vaguedades. Os deuses queren máis sacrificios!, dixeron, era sempre a mesma resposta.''

''Os sacrificios leváronnos á conquista de gran parte do noso imperio de fragas e volcáns, sempre estamos guerreando, derrotando a un número cada vez maior dos nosos inimigos para poder ofrecer sacrificios aos deuses. Os magos din que hai que facer un sacrificio diario para que o sol siga saíndo.''

''Os equipos de mensaxeiros tardaron máis de dous dias en percorrer máis de 300 Km para leva-la miña mensaxe ata a cidade de Tenochtitlán. Dous días despois, o meu tío, o emperador Moctezuma, enviou a súa resposta. Os seus sacerdotes predixeron a inminente volta do exilio do poderoso Quetzalcóatl a “serpe emplumada”, deus da sabedoría e o vento. ¿de que outra forma se podía dar desposta ao presaxio?.''

''Moctezuma ordenaba aos meus guerreiros que se esforzaran para cosolida-lo control da xungla que separa o noso territorio dos nosos enemigos, polo que se debía logra-lo control dos santuarios consagrados a Quetzalcóatl, a “serpe emplumada”. Como o imperio Azteca é poderoso e se expande constantemente, creamos moitos inimigos: por iso temos que defende-los santuarios deles para prepararnos de cara á volta de Quetzalcóatl.''

Os aztecas, sendo un pobo que absorbeu en certa medida as culturas dos pobos que invadía, tamén absorbeu o seus temores e presaxios. Se ben é certo que traían o seu deus ([[Huitzilopochtli]]), souberon facer un oco para os deuses dos pobos que invadían. Outro aspecto desta parte do relato é que o autor tamén nos dá unha referencia un pouco afastada de certas cousas que se ían transmitindo de xeración en xeración. Uns estudos sobre a zona revelan que nos anos 810 (cun intervalo de 300 anos máis ou menos) tivo lugar a erupcion do [[volcán Popocatepetl]]; se a isto lle sumamos outros volcáns da zona e a probable intesidade sísmica dos tremores, teríanse favorecido as migracións masivas entres os pobos e as culturas.

'''Véxase a continuación o relato de Cuauhtémoc, guerreiro de Tenochtitlán.'''

{{cita|
''“CandoCando os meus guerreiros tomaron os santuarios e derrotaron os Xochimilcos e os Tlatilucos, voltamos a Tenochtitlán cargados de agasallos para o emperador Moctezuma (xade, plumas e prisioneiros, por suposto). Despois de ter pasado tantos días na xungla, o reflexo da nosa inmensa cidade no lago parecíanos algo asombroso.''

''O emperador Moctezuma vivía nos cuartos máis belos do pazo, coas súas donas e mantidas; mentres falabamos bebía chocolate escumoso dunha copa. Os músicos tocaban tambores e frautas e ao seu son bailaban mulleres enmascaradas.''

''Cando hai moitos anos, meu tío Moctezuma subiu por primeira vez á Gran Pirámide para converterse no emperador, houbo unha gran celebración. Pero agora, algúns cuestionan o seu gran poder, ás veces tarda moito en tomar decisións e case nunca dirixe os seus guerreiros no combate.''

''Os sacerdotes de Moctezuma informáronnos que Quetzalcoatl a “serpe emplumada” voltaría pronto a Tenochtitlán para reclama-lo trono. Como axudara a prepara-la súa chegada, déronme unha macana de obsidiana nova e ascedéronme ao rango de guerreiro xaguar.''

''Aquela noite houbo máis festas e danzas, o aire arrecendia a perfume. Pero mentres baixaba os chanzos do pazo do emperador, vin que o presaxio seguía sobre o lago, arrebolando faíscas no ceo de medianoite.''

Como xa se dixo, a cidade de Tenochtitlan atopábase en todo o seu apoxeo. Polas rúas, varridas e adornadas con flores e papeis pintados, camiñaban milleiros de persoas e polas augas das súas canles, decoradas con arcos, centos de canoas[[canoa]]s transportaban multitude de mercadorías. Todos esperaban impacientes a grandiosa festa de entronización de [[Moctezuma Xocoiotzin]], fillo de [[Axaiacatl]], coma o noveno [[tlatoani]] (ou o décimo se temos en conta a posible existencia de [[Tenoch]] como o primeiro emperador). Era o ano 9 [[tochtli]] (segundo o calendario azteca) correspondente ao [[1502]] para o mundo cristián. A cerimonia foi grandiosa e chea de vistosidade. Os regalos chegados de cada un dos rincóns máis afastados da [[Tripla Alianza Azteca|Tripla Alianza]] fóronse acumulando. Xades, ouro, pedras preciosas, mantas de algodón, cacao, plumas e tocados fóronse anotando nos libros de contabilidade reais. Todo estaba baixo control. Porén, ao pouco tempo os habitantes da gran cidade da luz comezaron a observar algunhas novidades inquietantes. Moctezuma despediu os antigos serventes e oficiais reais da época de Ahuizotl e mandou traer a varios mozos (a maioría fillos dos señores de México, [[Texcoco]] e [[Tacuba]] para darlles os postos de goberno máis importantes e cambiou os actos militares polo coñecemento dos cultos relixiosos. Paralelamente, certos fenómenos aparentemente inexplicables viñeron a fomentar aún máis o clima de desconcerto.

== Véxase tamén ==