Hórreo tipo Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Liña 1:
O '''hórreo tipo Carballo''' é un tipo de [[hórreo galego]] que se dá en zonas da [[comarca de Bergantiños]]. A súa área de distribución é moi reducida e nela convive con outras tipoloxías propias de áreas limítrofes.<ref>Martínez Rodríguez, I. ''El hórreo gallego''. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 8485728009.</ref>
 
==Características morfolóxicas==
 
===Morfoloxía===
É un hórreo rectangular con suspensión de cepas transversais coroadas por rateiras. Comparte moitas características co [[hórreo bergantiñán]], pero a principal diferencia estriba en que os penais son de fábrica, a modo de prolongación vertical das cepas dos extremos. A cámara é continua exteriormente, salvo nos hórreos máis longos, nos que os costais están divididos en tramos.
 
O tellado é a dúas augas. Ten un beiril pouco asomado que se aloxa baixo sobrepenas de pouco grosor. Non faltan os elementos terminais. A porta da cámara vai nun dos penais, pola altura da suspensión ten escaleira de fábrica paralela ao penal.
 
===Construción===
==Características construtivas==
A cámara está soportada por unha grade de madeira constituída por fortes trabes que descansan sobre os tornarratos, que coroan cepas de [[cachotería]]. Os panos de peche están formados por doelas verticais de [[madeira]] aseguradas por dúas faixas. Sobre a cámara, o tellado é de tella [[cerámica]] curva sobre taboado de madeira.
 
Liña 13 ⟶ 15:
 
==Véxase tamén==
* [[Hórreo]]
* [[Hórreo galego]]
 
[[Categoría: Arquitectura popular]]