Sputnik 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Sputnik 1
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Sputnik asm.jpg|thumb|right|250px|A Nave Sputnik 1]]
 
O '''Sputnik 1''' foi o primeiro [[satélite artificial]], lanzado o [[4 de outubro]] de [[1957]] pola [[Unión Soviética]]. En [[1885]] [[Konstantin Tsiolkovsky]] foi o primeiro en escribir no seu libro ''Soños da Terra e o Ceo'' (ISBN 1414701632) como un satélite podía ser lanzado dentro dunha órbita de pouca altitude.
 
==Características==
O Sputnik 1 tiña unha masa aproximada de 83 kg, contaba con dous transmisores de radio (20,007 e 40,002 MHz) e orbitou a [[Terra]] a unha distancia de entre 938 km no seu apoxeo e 214 km no seu perixeo. A análise dos sinais de radio usouse para obter información sobre a concentración dos electróns na ionosfera. A temperatura e a presión se codificaron na duración dos asubíos de radio que emitía, indicando que o satélite non fora perforado por un meteorito. O Sputnik 1 lanzouse co vehículo de lanzamento R-7 e incinerouse durante o seu reentrada o [[3 de xaneiro]] de [[1958]].
 
Liña 11:
O Sputnik 1 foi o primeiro dunha serie de catro satélites que formaron parte do programa Sputnik da antiga Unión Soviética e planeouse como unha contribución ao Ano Internacional Xeofísico (1957-1958), establecido por [[Organización das Nacións Unidas]]. Tres destes satélites (Sputnik 1, Sputnik 2 e Sputnik 3) alcanzaron a órbita terrestre.
 
A secuencia real de toma de decisións no que respecta á forma do Sputnik 1 foi enrevesada. Inicialmente o Académico Keldysh ideou un satélite de 1,5 t en forma de cono, coa capacidade de facer moitas medicións físicas no espazo, pero cando os soviéticos leron que o proxecto americano Vanguard tiña deseñados dous satélites[[satélite]]s, un pequeno tan só para ver se podían pór algo en órbita, os rusos decidiron facer o mesmo, realizando o que se traduce como o satélite máis simple, que tiña un centímetro máis de diámetro e era bastante máis pesado que o verdadeiro Vanguard. Eles tiveron que ver se as condicións en órbita terrestre baixa podían permitir a un satélite maior permanecer alí durante o tempo necesario. Cando meses despois do Sputnik 1, foi posto en órbita o satélite de proba Vanguard, Jruschev o ridiculizó comparándoo cun pomelo. Unha vez os soviéticos descubriron que tamén podían pór en órbita satélites de proba, pensaron en pór en órbita o satélite e [[laboratorio]] espacial Keldysh como Sputnik 3, facéndoo tras un primeiro lanzamento errado.
 
O satélite artificial Sputnik 1 era unha esfera de aluminio de 58 cm de [[diámetro]] que levaba catro longas e finas antenas de 2,4 a 2,9 m de lonxitude. As antenas parecían longos bigotes sinalando cara a un lado. A nave obtivo información pertencente á densidade das capas altas da atmosfera e a propagación de ondas de radio na ionosfera. Os instrumentos e fontes de enerxía eléctrica estaban aloxadas nunha cápsula que tamén incluía transmisores de radio operando a 20,007 e 40,002 Mhz. (ao redor de 15 e 7,5 m en lonxitude de onda), as emisións realizáronse en grupos alternativos de 0,3 s de duración. O envío a terra da telemetría incluía datos de temperatura dentro e sobre a superficie da esfera.
 
Debido a que a esfera estaba chea de nitróxeno a presión, o Sputnik 1 proporcionou a primeira oportunidade de detectar meteoritos, aínda que non foi detectado ningún. Unha perda de presión no seu interior, debido á penetración da superficie exterior, reflectiuse nos datos de temperatura. Os transmisores funcionaron durante tres semanas, ata que fallaron as baterías químicas de a bordo, e foi monitorizado con grande interese ao longo de todo o mundo. A [[órbita]] do entón satélite inactivo foi observada máis tarde optimamente, ata caer 92 días logo do seu lanzamento (3 de xaneiro de 1958), logo de completar ao redor de 1 400 órbitas á Terra, acumulando unha distancia de viaxe, de aproximadamente uns 70 millóns de km. O apoxeo da órbita decaio de 947 km tras o lanzamento ata 600 km o 9 de decembro.
 
O [[foguete]] auxíliar de lanzamento do Sputnik 1 tamén alcanzou a órbita terrestre e foi visible de noite, desde a [[Terra]], como un obxecto de primeira magnitude, mentres que a pequena pero puída esfera, apenas era visible en sexta magnitude, polo que era máis difícil seguila desde terra. Varias réplicas do satélite Sputnik 1 poden verse en museos de Rusia e outra está exposta no Smithsonian National Air and Space Museum (Museo Nacional Smithsonian do Aire e do Espazo) en Washington DC.
 
Os [[Estados Unidos]] tamén traballaron sobre os satélites, inicialmente con equipos traballando para a US Navy (Mariña dos Estados Unidos) como o Proxecto Vanguard. O seu primeiro lanzamento intentouse antes que o Sputnik, pero foi atrasado moitas veces antes de ser lanzado desde a plataforma. Entón empezou un grande esforzo no Programa Júpiter do US Army (Exército Americano) lanzando satisfactoriamente o Explorer 1 o 31 de xaneiro de 1958. Este foi considerado o principio da carreira espacial entre as dúas superpotencias, como un aspecto da [[Guerra Fría]]. Ambas as nacións intentaron superarse entre elas na exploración do espazo, culminando finalmente no lanzamento cara á Lúa do Apollo 11, o 16 de xullo de 1969. Aínda que esta última é unha idea occidental, pois en Rusia, fálase que non era unha carreira lunar, senón espacial, e ao ser eles -os rusos- en chegar primeiro ao espazo, gañaron tal carrera. Tampouco se pode falar de finalizar a carreira pois aínda se compite en moitos campos espaciais.
 
No [[2003]] unha unidade de reserva do Sputnik 1, chamada modelo PS-1 vendeuse en eBay (sen a radio, que foi extraída durante os anos 60 ao ser clasificada como material militar). Estivera en exposición nun instituto de ciencias preto de [[Kiev]]. Estímase que se construíron de catro a vinte modelos con propósitos de proba. Un modelo do Sputnik 1 entregouse como agasallo ás [[Nacións Unidas]] e agora decora o [[vestíbulo]] de entrada das súas oficinas centrais en [[Nova York]].
 
{{Programa Sputnik}}