Historia da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 65:
 
A finais do século XII e comezos do XIII é cando o galego, igual que o resto das linguas romances, comeza a usarse na escrita. O documento máis antigo datado é a ''Notícia de Fiadores'', de [[1175]]<ref>http://cvc.instituto-camoes.pt/tempolingua/07.html</ref>.
O documento literario máis antigo dos coñecidos hoxe é a cantiga satírica ''Ora faz ost'o senhor de Navarra'' de [[Johan Soarez de Pávia]], escrita arredor do ano [[1200]]. Dos comezos do [[século XIII]] datan os primeiros documentos non literarios en galego, ''Notícia de Torto''<ref>[http://cvc.instituto-camoes.pt/hlp/arquivo/torto.html Notícia de Torto], História da Língua Portuguesa. Instituto Camoes.</ref> (1211) e o Testamento de [[Afonso II de Portugal]] ([[1214]]). Recentemente foi achado o documento máis antigo escrito no actual territorio da Galiza, o cal data do ano [[1228]]. Trátase do [[Foro do burgo de Castro Caldelas|Foro do bõ burgo de Castro Caldelas]] outorgado por [[Afonso IX]] en abril do dito ano ao municipio de [[Allariz]]<ref>[http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/doc_en_galego.pdf Foro do bo burgo de Castro Caldelas], consellodacultura.org</ref>. O mais antigo documento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal, é chamado de ''Doação à Igreja de Sozello'', encóntrase no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, e é datado no ano 870<ref>[http://www.novomilenio.inf.br/idioma/200009a.htm O documento máis antigo en latín-galego-portugués], ano 870.</ref>. O texto é o seguinte: "In Christi nomine. Amen. Hec est notitia de partiçon e de devison que fazemos antre nos dos erdamentos e dos cout[os] e das onras e dos padroadigos das eigreijas que foron de nosso padre e de nosssa madre en esta maneira: Rodrigo Sanchiz ficar por sa partiçon na quinta do couto de Viiturio, ena quinta do padroadigo dessa eigreija, en todolos erdamentos do couto e de fóra do couto; Vaasco Sanchiz ficar por sa partiçon na onra d'Olveira, eno padroadigo dessa eigreija, en todolos erdamentos d'Olveira e enuu casal de Carapeços ue chamn de Olvar e enoutro casal en Ag[u]iar, que chaman Quintãa; Meen Sanchiz ficar por sa partiçon na onra de Carapeços, enos outros erdamentos, enas duas partes do padroadigo dessa eigreija, eno padroadigo da eigreija de Creisemil, ena onra, eno erdamento d'Argúifi, eno erdamento de Lavoradas, eno padroadigo dessa eigreija; Elvira Sanchiz ficar por sa partiçon nos erdamentos de Centegãos, enas tres quartas do padroadigo dessa eigreija, eno erdamento de Creixemil, assi os das sestas come noutro erdamento. Estas partições e divisões fazemos antre nos. Que valham por en secula seculorum. Amen. Facta karta mense Marcii c.m.ª cc.ª xxx.ª. Vaasco Suariz testis. Vermuu Ordoniz testis. Meen Farripas testis. Gonsaluu Vermuiz testis. Gil Diaz testis. Don Martio testis. Martin Periz testis. Don Stephan Suariz testis. Ego Johanes Menendi presbyter notavit."
 
==Esplendor medieval do galego-portugués==
Liña 303:
==O galego do século XXI==
Ás portas do [[século XXI]] a lingua galega segue viva, protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante. Así e todo, a súa situación social é incerta e no último medio século reduciu á metade o número de falantes iniciais. Hoxe, o groso dos galegofalantes aséntase sobre unha franxa de idade superior aos 55 anos, namentres que as novas xeracións (principalmente as urbanas) teñen como lingua inicial o castelán.
 
==Perspectiva de fusión co portugues moderno==
A non-inclusión do galego moderno como co-dialecto da lingua portuguesa debese sobretudo a factores políticos. A calificación do territorio galego como territorio de expresión portuguesa seria motivo de vergonha para muitos españóis, incluindo naturalmente tamén muitos galegos. Esta resistencia é totalmente compreensible dende o ponto de vista político (tendo en conta a xénese de Portugal e España), tendo en conta en particular o nacionalismo ainda moi enraizado na sociedade española, politicamente necessário para manter coeso o país. No entanto dún ponto de vista meramente lóxico, unha aproximación do galego ó português non significaria paralos galegos un distanciamento de España ou da cultura española, apenas un alargamento da súa identidade cultural. Esta situación é desde sempre realidade en inúmeros países europeus, como por exemplo Bélgica (francés, neerlandés e minoria alemán), Suíza (alemán, francés, italiano), Áustria (alemán), etc. O feito de ao contrário da lingua portuguesa a lingua galega non ter evoluído durante séculos na súa vertente escrita crealle imensas dificuldades no campo da auto-afirmación cultural, que à partida só serian ultrapasadas coa inclusión do galego nos dialectos de expresión portuguesa (ou galaico-portuguesa, se se preferir este termo).
 
=== Medios de comunicación ===