Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado lig ext á referencia
m *se ben > malia que, aínda que, ben que.
Liña 16:
En 1995 publicouse unha reedición das Normas que introduciu pequenas modificacións puntuais e cubría algunhas das lagoas que se detectaran na edición de 1982. Esta modificación foi aprobada polo Instituto da Lingua Galega o 11 de novembro de 1994 e pola Real Academia Galega o [[25 de febreiro]] de [[1995]].
 
Finalmente, en 2003 publicouse unha terceira versión que modificaba en profundidade as Normas anteriores. Con esta reforma buscábase un acordo entre as diferentes tendencias normativas existentes nese momento, máis ou menos confrontadas. Con este obxectivo de concordia, introducíronse propostas doutras normativas e incluíronse solucións dobres. Para a redacción destas novas Normas, a Academia creou unha Comisión na que estaban representados os departamentos de [[Filoloxía|Filoloxía Galega]] das tres Universidades de Galicia, ademais do Instituto da Lingua e a propia Academia. O texto final foi aprobado pola Real Academia en sesión plenaria celebrada o [[12 de xullo]] de [[2003]] e publicado en decembro dese mesmo ano, semalia benque [[Edicións do Cumio]] xa as publicara o 17 de novembro, baixo o título de ''As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Actualizacións, complementos e desviacións''. A Real Academia esixiulle que retirara a publicación por non dispor de ningunha propiedade sobre o texto nin autorización para facelo, pero Cumio fixo caso omiso<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/12/2245971.shtml?idioma=galego "A Academia demandará a Do Cumio se non retira ou libro coa normativa galega"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 12 de decembro de 2003 <small>(consultado o 13 de maio de 2010)</small>.</ref>.
 
==Notas==