Fachada das Pratarías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 27:
Outros expertos dubidan desta interpretación e propoñen outros significados: un signo [[zodíaco|zodiacal]] (segundo Bertaux), a alegoría da [[luxuria]] (segundo Weisbach), a Madalena (Gaillard) ou a figura de [[Eva]] cuxo pecado xerou a morte (Azcárate). Esta última explicación apoiaríase na presenza no tímpano da porta dereita da figura da [[Virxe María|Virxe]], xeradora de vida.
 
Unha última interpretación, de Francisco Xabier Ocaña Eiroa <ref>''30 artigos sobre o Camiño de Santiago'' (1999). Nunha restauración que se fixo na Portada en 1993 comprobouse que a peza era de distinta cor ás do resto do tímpano.</ref>, nega calquera destes simbolismos e parte da base de que a figura foi colocada alí para restaura-los danos que sufrira a Portada das Praterías nunha revolta popular en 11771117, o que explica o feito de te-lo seu lado esquerdo recortado para acomodala ó espazo e á curva da arcada. Para este autor, a figura representa a beleza e xuventude da muller, enfrontada á realidade da morte.
 
==Galería de imaxes==