Fachada das Pratarías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
A muller adúltera
Liña 7:
A fachada das Praterías debe o seu nome aos obradoiros de [[prata]] que existían no lugar.
 
No [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] da porta esquerda aparece o [[Cristo]] tentado por un grupo de [[demo]]s. Á dereita aparece unha muller semiespida cunha caveira nas mans, que pode ser [[Eva]] ou a [[muller adúltera]]. Nas [[xamba]]s aparecen Santo [[André]] e [[Moisés]]. No [[contraforte]] esquerdo, o bíblico rei [[David]] sentado no seu trono coas pernas cruzadas traslucidas a través da fina tea da súa roupa e tocando unha viola, personifica o triunfo sobre o mal sendo unha obra destacada do románico esculpida polo [[Mestre de Praterías]], a creación de [[Adán]] e Cristo abenzoando. Todas estas figuras proceden da fachada románica norte ou do Paraíso (actual [[fachada da Acibecharía]]) e foron colocadas nesta fachada no [[século XVIII]].
[[Ficheiro:Adúltera.jpg|thumb|left|Detalle da muller adúltera]]
 
Liña 19:
 
Orixinariamente había dúas torres románicas a ambos os dous lados desta fachada (só se conservan os alicerces dunha delas, sobre a que se ergueu a Torre do Reloxo) e o tema da portada era o do [[Mesías]].
 
==A ''muller adúltera''==
No tímpano da porta esquerda aparece unha muller sentada cunha caveira nas mans, coñecida popularmente como a ''muller adúltera''. Recibe esta denominación pola descrición que fai Aymeric Picaud do ''[[Codex Calistino]]'' (libro V, cap. IX):
 
{{cita|''E non vai relegarse ó esquecemento que xunto á tentación do Señor está unha muller sostendo entre as mans a cabeza putrefacta do seu amante, cortada polo seu propio home, quen a obriga dúas veces ó día a bicala. ¡Oh, que grande e admirable castigo da muller adúltera por contárllelo a todos''}}
 
Outros expertos dubidan desta interpretación e propoñen outros significados: un signo [[zodíaco|zodiacal]] (segundo Bertaux), a alegoría da [[luxuria]] (segundo Weisbach), a Madalena (Gaillard) ou a figura de [[Eva]] cuxo pecado xerou a morte (Azcárate). Esta última explicación apoiaríase na presenza no tímpano da porta dereita da figura da [[Virxe María|Virxe]], xeradora de vida.
 
==Galería de imaxes==