Dinastía almorábide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 85:
Con capital na cidade que é hoxe [[Marrakech]], pasaron a controlar toda a rexión até a actual [[Alxeria]]. En [[1087]], o primo de Abu Bakr, Yusuf ibn Tashfin, conquistou Ceuta e pasou a dominar a rexión norte nas marxes do Estreito de Xibraltar e ao longo das costas mediterráneas.
 
Cando o rei galaico [[Afonso VI de León|Afonso VI]] conquistou a cidade de Toledo, en 1085, o emir musulmán de Sevilla, ameazado, pediulles axuda aos almorábides. En [[1086]], o exército de [[ibn Tashufin]] cruzou o Estreito, derrotou o rei galaico e volveu a África. Posteriores vitorias dos reis cristiáns da península ibérica contra estados musulmáns levárono a atravesar de novo o Estreito, mais desa vez non máis retornaría á África.
 
Anexaron toda a ''Spania'', o territorio que pertencía a emires musulmáns e formaron un vastísimo Imperio que se estendería desde a África -o Senegal- até o [[río Ebro]], incluíndo todas as fértis terras do sur peninsular. A conquista non foi duradeira, por dificultades económicas, inquedanza social, os ataques ás comunidades cristiá e xudía, que até entón vivían en certa harmonía e até protexidos polos emires. Unha administración feble xerou abusos e, en [[1140]], outros bérberes do norte da África uníronse e declaráronlles á súa vez a guerra aos almorábides, acusados de corrupción e opresión. Eran os fanáticos que ficaron coñecidos como Almohades. Penetraron na península ibérica, sometendo os Almorábides. Soamente cos almohades o comercio andaluz conseguiu expandirse, e a cidade de Sevilla pasaría a ser a capital do mundo islámico no Occidente.
 
== Almohades ==
Os reis cristiáns aproveitáronse novamente destas loitas internas para ampliaren os seus estados para o sur. Inicialmente o rei castelán [[Afonso I]] ([[1155]]-[[1214]]) foi vencido polos mouros almohades na [[batalla de Alarcos]] ([[1195]]). Eran anos tan inestábeis que o rei de [[Galiza]] e [[León]], [[Afonso VIII de León|Afonso VIII]] chegou a ser excomungado polo papa por terse unido aos estados musulmáns nas loitas contra os seus inimigos cristiáns.
 
Ante isto, os reis de [[Navarra]], [[Aragón]], [[Castela]] e [[Portugal]] uníronse, bendicidos polo [[Papa]] que lles concedía as mesmas [[indulxencia]]s concedidas aos cruzados no [[Oriente]]. A vitoria chegoulles en [[1212]], garantindo acceso e pasaxe no [[Guadalquivir]]. Esa batalla, coñecida como [[Batalla das Navas de Tolosa|Las Navas de Tolosa]], representou o golpe definitivo no dominio almohade.