A Barqueira, Cerdido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
engadido
Liña 1:
{{Parroquias da Coruña en progreso}}
{{Parroquia
|nome = A Barqueira
Liña 12 ⟶ 11:
}}
 
==Xeografía==
'''Santo Antonio da Barqueira''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello de [[Cerdido]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 680 habitantes (360 mulleres e 320 homes), distribuídos en 46 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 799 habitantes.
[[Ficheiro:Mapa A Barqueira.PNG|thumb|225 px|left|Localizacion da parroquia no concello de Cerdido]]
'''A Barqueira''' esténdese pola marxe esquerda do río Mera e o seu afluente o Casás. Limita ao norte coa parroquia de [[Montoxo,Cedeira|Montoxo]] do concello de [[Cedeira]]; polo nordeste o regato Guitín sepáraa da parroquia ortegana de [[Mera de Arriba, Ortigueira|Mera de Arriba]] até a Fervenza; polo leste linda con esta misma parroquia de Ortigueira separada polo río Mera e coa parroquia dos [[Os Casás, Cerdido|Casás]] separada polo río do mesmo nome.Polo sur linda coa parroquia de [[Moeche, Moeche|Moeche]] no regato que baixa das Cabanas e desauga no Casares, seguindo o linde polo regato Vilachave ate o lugar da Barbelas. Finalmente polo oeste limita coa parroquia de [[Cerdido, Cerdido|Cerdido]]
A estrada [[AC-682]] de Ferrol a Ribadeo atravesa esta parroquia pola sús parte occcidental de norte a sur polos lugares de Casavella, Guelle, Cruz Encarnada, Feal; Barbas, Lubeira, Felgosa e Barbelas.
Dende o lugar de Felgosa sae a estrada que vai a Espiñaredo e dende ese mesmo lugar sae percorrendo o val do Rioforcado outra estrada até Porto do Cabo.
A liña de [[FEVE]] Ferrol- Xixón pasa pola parte oriental da parroquia bordeando os rios Mera e Casares. A estación que leva o nome de Cerdido está no lugar de Sollen, perto da estrada a Espiñaredo
 
== Patrimonio ==
Nesta parroquia e no lugar de Felgosa atópase a moderna casa do Concello a beira da estrada [[AC-682]] .E no lugar de Porto está a igrexa parroquial de recente construcción e mais un escolar de indianos. Neste mesmo lugar existe un extenso campo de feira, moi concurrida noutros tempos.
Esta parroquia ven sendo o núcleo comercial do concello xa que celebra cada mes a [[feira]] do municipio. Na actualidade a celebración desta feira é o primeiro fin de semana de cada mes pero tradicionalmente celebrábase o día 6.<ref>Diccionario xeográfico, estatístico e histórico de España de Pascual Madoz (tomo VI, páx. 325) de 1845-1850.</ref>
 
 
== Poboación ==
'''Santo Antonio da Barqueira''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello de [[Cerdido]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 680 habitantes (360 mulleres e 320 homes), distribuídos en 46 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 799 habitantes.
 
== Galería de imaxes ==