Estatuto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 5:
}}
 
A palabra '''estatuto''' podepódese referirsereferir a unha variedade de normas xurídicas que teñen como rasgovencello común queo regulanregular as relacións de certas persoas que teñen en común a pertenza a un territorio ou sociedade. Polo xeral, os estatutos son unha forma de dereito propio.
 
== O estatuto de autonomía de 1936 ==
 
A aprobación do estatuto de autonomía de 1936 debeuse fundamentalmente ó labor realizado polo [[Partido Galeguista]].
 
O partido galeguista xurdira porque, logo da proclamación da [[II República]], en vilas e cidades había múltiplas agrupacións que agardaban a formación dunha plataforma galeguista que unificase e dese entidade nacional ó quefacer que viñan desenvolvendo.
 
En nadal de [[1931]], como resultado da unión do Partido Nacionalista Republicano de Ourense ([[Vicente Risco]], [[Otero Pedrayo]]), do Partido Galeguista de Pontevedra ([[Castelao]], [[Filgueira Valverde]], [[Paz Andrade]], [[Ramón Cabanillas]]...), membros das [[Irmandades da Fala]] de Santiago, Lugo, Vigo; etc., nace o Partido Galeguista.
 
O PG foi un partido plural en que non sempre foi doada a convivencia dos seus integrantes, pois estes podían ser:
:*Conservadores, pois rexeitaban a alianza coa esquerda (Risco, Pedrayo, Filgueira, Vilar Ponte...).
:*Favorables a un achegamento á esquerda (Bóveda, Castelao, Suárez Picallo...).
:*Defensores da independencia total de Galicia (''Sociedade Nazionalista Gallega Pondal'' de Bos Aires).
:*Apartidistas (Álvaro Cunqueiro, López Cuevillas).
 
Cando en 1936, e para non perder a carreira do Estatuto, o PG tivo que optar a prol do Frente Popular, a crise interna foi moi aguda, e un sector importante, a chamada dereita galeguista, desvencellárase do PG aínda que logo colaborase no referendo.
 
A nivel de realizacións políticas, o PG ten ó seu favor o levar adiante o primeiro Estatuto Galego. O 14 de xullo de 1936 Gómez Román, secretario do PG, e Castelao, deputado, entregaban ó Presidente das Cortes o texto do estatuto aprobado en referendo.
 
{{en progreso}}