Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
→‎Historia: arranxo
Liña 5:
En [[1923]] un grupo de universitarios preocupados pola falta de estudos sobre Galiza fundaron o [[Seminario de Estudos Galegos]] (SEG). Esta institución multidisciplinar e punteira realizou estudos e divulgacións sobre o patrimonio cultural galego, mais a Guerra Civil e o posterior réxime franquista acabou con todos os proxectos.
 
No ano [[1944]] créase un instituto chamado Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, adscrito ao [[CentroConsello Superior de Investigacións Científicas]] (CSIC), e que dalgún xeito era herdeiro daquel pioneiro SEG. Este novo instituto reuniu na xuntanza fundacional a maioría dos intelectuais que sobreviviron á guerra: [[Francisco Javier Sánchez Cantón]], [[Fermín Bouza Brey]], [[Jesús Carro García]], [[Felipe Ramón Cordero Carrete]] e [[Abelardo Moralejo Laso]]; pouco tempo despois tamén se integran [[Otero Pedrayo]], [[Vicente Risco]] e [[Florentino Cuevillas]]. Outros colaboradores nas primeiras etapas tamén foron [[Antón Fraguas]], [[Xesús Ferro Couselo]], [[Couceiro Freijomil]], [[Xesús Taboada Chivite]] e [[Aquilino Iglesia Alvariño]], entre outros.
 
O novo Instituto mantivo nos seus primeiros anos a estrutura en dez seccións: Arqueoloxía, Etnografía, Xeografía, Prehistoria, Historia, Filoloxía, Literatura, Arte, Estudos Composteláns e Peregrinacións e Bibliografía e Publicacións. Ademais, a institución recolleu a parte dos fondos sobreviventes do SEG que sobreviron, feito que creou certa polémica nalgúns sectores do galeguismo ao consideraren que o IEG Padre Sarmiento era unha institución franquista e non era herdeira do antigo SEG. A [[franquismo|ditadura]] non lle permitiu usar a lingua galega ao novo instituto até a década de 1960, e a partir desta data empregouno de maneira ocasional. O primeiro director do IEG Padre Sarmiento foi Francisco Javier Sánchez Cantón.