Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
lig int
Liña 9:
O novo Instituto mantivo nos seus primeiros anos a estrutura en dez seccións: Arqueoloxía, Etnografía, Xeografía, Prehistoria, Historia, Filoloxía, Literatura, Arte, Estudos Composteláns e Peregrinacións e Bibliografía e Publicacións. Ademais, a institución recolleu a parte dos fondos sobreviventes do SEG que sobreviron, feito que creou certa polémica nalgúns sectores do galeguismo ao consideraren que o IEG Padre Sarmiento era unha institución franquista e non era herdeira do antigo SEG. A [[franquismo|ditadura]] non lle permitiu usar a lingua galega ao novo instituto até a década de 1960, e a partir desta data empregouno de maneira ocasional. O primeiro director do IEG Padre Sarmiento foi Francisco Javier Sánchez Cantón.
 
O IEG Padre Sarmiento mantivo unha actividade salientábel até aproximadamente 1975. Nesta primeira etapa realizáronse catálogos de [[castro (poboado)|castro]]s, análises da [[romanización de Galiza]], estudos de [[Literatura galego-portuguesa medieval|cancioneiros medievais galego-portugueses]] e tamén a elaboración dunha extensa bibliografía de Galiza. Nos anos oitenta houbo unha etapa de crise no IEG, con menor actividade. Mais a partir de 1994 hai un novo rexurdir, producíndose tamén unha mudanza como director, asumindo este cargo Eduardo Pardo de Guevara. O instituto volve a centrarse espcialmente na investigación, e no ano [[2000]] o Padre Sarmiento reconvértese nun centro mixto entre a Xunta e o CSIC. O IEG Padre Sarmiento especializouse principalmente en arqueoloxía e historia.
 
[[Categoría:Século XX de Galicia]]