Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
foto e cat
→‎Historia: arranxo
Liña 7:
No ano [[1944]] créase un instituto herdeiro daquel SEG, adscrito ao Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Este novo instituto chamouse Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, e na xuntanza fundacional reuníronse a maioría dos intelectuais que sobreviviron á guerra: Sánchez Cantón, [[Bouza Brey]], Jesús Carro, Cordero Carrete e Abelardo Moralejo; pouco tempo despois tamén se integran [[Otero Pedrayo]], [[Vicente Risco]] e [[Florentino Cuevillas]]. Outros colaboradores nas primeiras etapas tamén foron [[Antón Fraguas]], [[Xesús Ferro Couselo]], [[Couceiro Freijomil]], Aquilino Iglesias e Taboada Chivite, entre outros.
 
O novo Instituto mantivo nos seus primeiros anos a estrutura en dez seccións: Arqueoloxía, Etnografía, Xeografía, Prehistoria, Historia, Filoloxía, Literatura, Arte, Estudos Composteláns e Peregrinacións e Bibliografía e Publicacións. Ademais, a institución recolleu a parte dos fondos sobreviventes do SEG, feito que creou certa polémica pois algúnsnalgúns sectores do galeguismo ao consideraren que o IEG Padre Sarmiento era unha institución franquista e non era herdeira do antigo SEG. A ditadura non lle permitiu usar a lingua galega ao novo instituto até a década de 1960, e a partir desta data empregouno de maneira ocasional. O primeiro director do IEG Padre Sarmiento foi Francisco Javier Sánchez Cantón.
 
O IEG Padre Sarmiento mantivo unha actividade salientábel até aproximadamente 1975. Nesta primeira etapa realizáronse catálogos de castros, análises da romanización na Galiza, estudos de cancioneiros medievais galego-portugueses e tamén a elaboración dunha extensa bibliografía de Galiza. Nos anos oitenta houbo unha etapa de crise no IEG, con menor actividade. Mais a partir de 1994 hai un novo rexurdir, producíndose tamén unha mudanza como director, asumindo este cargo Eduardo Pardo de Guevara. O instituto volve a centrarse espcialmente na investigación, e no ano 2000 o Padre Sarmiento reconvértese nun centro mixto entre a Xunta e o CSIC. O IEG Padre Sarmiento especializouse principalmente en arqueoloxía e historia.