Pan (deus): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
{{outroshomónimos|Pan (homónimos)}}
 
'''Pan''' era o deus dos pastores e dos rabaños na [[mitoloxía grega]]; era especialmente venerado en [[Arcadia]], índa que non tiña alí grandes santuarios. Pan é o deus da fertilidade e da sexualidade masculina sen freo. Seica este deus se dedicaba a perseguir [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]] polos montes. Os [[Arcadia|arcadianos]] crían que cando unha persoa dormía a sesta non se podía espertar, pois dese xeito interrompíase o sono de Pan.
 
Segundo a mitoloxía, Pan ten dazanove xenealoxías diferentes:
Liña 17:
Despois da [[batalla de Maratón]] foi incluido entre os grandes deuses recoñecidos polo estado. En [[Atenas]] foille consagrada unha das grutas da vertente norte da [[Acrópole]], e instituíse na sua honra unha festa anual cunha carreira de antorchas.
 
Pan era o deus das brisas do mencer e da tardiña, vivía na compaña das [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]] nunha cova do [[Párnaso]] chamada [[Coriciana]], atribúenselle dons proféticos e formaba parte do séquito de [[Dionisos]], dise que compartía con este as súas costumes. Era cazador, curandeiro e músico. Polo que se conta Pan estaba dotado cunha grande potencia sexual, acosaba continuamente ás [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]]. Pan vivía nos montes e nas selvas, enredando coas ovellas e asustando ós homes que se atrevían a internarse no monte (de aí a palabra ''pánico''). Pan represéntase cun caxato de pastor e unha [[siringa]], tamén chamada Frauta de Pan. É amigo das fontes e a sombra das árbores. Tamén tiña o costume de se agochar entre os arbustos para espia-las [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]]. Pan ten moi mal espertar, sobre todo se se molesta durante a sesta.
Tivo amoríos coa ninfa [[Pitis]]; o seu rival [[Boreas]], nun ataque de ciumes, tirou a Pitis dende o alto dun penedo; [[Xea]], sentiu lástima da ninfa e transformouna en piñeiro; dende entón Pan aparece cunha coroa de follas de piñeiro e seica esta árbore xeme cando sopra [[Boreas]].
 
Pan namorouse tamén da [[ninfa (mitoloxía)|ninfa]] [[Siringa]], pero ela non o correspondía, unha vez que fuxía do acoso de Pan tirouse ó río e pediu axuda ás suas irmás as [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]]. Estas, compadecidas, convertérona en canaval; cando Pan chegou só puido abraza-las canas abaneadas polo vento, o son que producían gustoulle tanto que decidiu crear un novo instrumento musical con elas; deste xeito inventou a frauta llamada siringa en recordo da ninfa.
Seduciu a [[Selene]], a lúa, regalándolle un vélaro de grande brancura. Pan e Selene eran venerados nunha cova do monte [[Niceo]].