Ninfa (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Na [[mitoloxía grega]], unha '''ninfa''' é un ser mitolóxico membro dun grande grupo de espíritos femininos da natureza, ás veces unidos a un lugar ou orografía particular. As ninfas adoitaban acompañar a varios deuses e deusas, e eran con frecuencia o obxectivo de [[sátiro]]s luxuriosos.
 
As ninfas son as personificacións das actividades creativas e alentadoras da natureza. A palabra [[Lingua grega|griega]] νύμφη significa ‘noiva’ e ‘velado’ entre outras cousas; ou sexa, unha muller casada e, en xeral, unha en idade casadoira. Outros fan referencia a esta palabra (e tamén á [[latín|latina]] ''nubere'' e mais á [[Lingua alemá|alemá]] ''Knospe'') como unha raíz que expresa a idea de ‘crecer’ (segundo [[Hesiquio de Alexandría]], un dos significados de νύμφη é ‘botón de rosa’). O lar das ninfas está nas montañas e arboredas, nos mananciais e ríos, nos vales e nas frías grutas. Con frecuencia son o séquito de divindades superiores: de [[Artemisa]] a cazadora, de [[Apolo]] o profeta, do esmorgueiro e deus das [[árbore]]s [[Dioniso]], do mensaxeiro [[Hermes]] e tamén de deuses rústicos como [[Pan (deus)|Pan]] e [[Hermes]], deus dos pastores.