Armada Inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
cat e bibliografía tirado da wiki en castelán; o artigo é unha tradución da wiki en cast.
arranxos da lingua
Liña 1:
{{sen referencias}}
[[Ficheiro:La Corunya rb000006.jpg|thumb|320px|right|Mapa inglés de [[Santander]] e [[A Coruña]], c. 1589, a èpocaépoca da expedición Drake-Norris.]]
[[Ficheiro:NPG Drake.jpg|thumb|320px|right|Sir Francis Drake (cara a 1581). Foi considerado como un [[pirata]] polas autoridades españolas, mentres que en Inglaterra valoróusellevalorárono como corsario e honróusellehonrarono como heroe]]
A '''Armada Inglesa ''' (tamén coñecida como a '''Contraarmada''') foi unha frota naval enviada á [[Península Ibérica]] pola raíña [[Isabel I de Inglaterra]] en [[1589]], durante a [[Guerra anglo-española de 1585-1604]]. Os anglosaxóns refírense a ela como '''English Armada''', '''Counter Armada''' ou '''Drake-Norris Expedition'''. O obxectivo da armada inglesa era aproveitar a vantaxe naval obtida tras a derrota da [[Armada Invencible|Grande e Felicísima Armada]] española o ano anterior ([[1588]]), pero constituíu un rotundo fracaso de dimensións comparables ao de dita ''Armada Invencible''. A expedición era mandada por Sir [[Francis Drake]] (almirante) e Sir [[John Norreys]] (xeneral), polo que tamén se coñece como a '''Expedición Drake-Norris de 1589'''.
 
Liña 14:
Ao saír, a frota consistía en 6 galeóns reais, 60 buques mercantes ingleses, 60 barcos pequenos holandeses e unhas 20 "pinazas". En total 170 naves, moito maior que a da [[Armada invencible]], composta por 137 barcos. Ademais das tropas de terra, embarcaron 4.000 mariñeiros e 1.500 oficiais. O número total entre mariñeiros e soldados chegou aos 23.000 tripulantes. Drake dividiu os seus barcos en 5 escuadróns, mandados respectivamente por el (no [[HMS Revenge (1577)|''Revenge'']]), Norreys ([[HMS Nonpareil (1584))|''Nonpareil'']]), o irmán de Norreys, Edward ([[HMS Foresight (1570)|''Foresight'']]), Thomas Fenner ([[HMS Dreadnought (1573)|''Dreadnought'']]) e Roger Williams ([[HMS Swiftsure (1573)|''Swiftsure'']]). Xunto con eles, e en contra das ordes da raíña, navegaba o [[conde de Essex]], [[Robert Devereux]].
 
A maioría dos barcos perdidos por España coa Armada Invencible eran barcos mercantes, e o núcleo da armada (os [[galeóns]] españois) foran capaces de chegar a España sen demasiadas perdas, onde foron reparados. O retardo na saída, unido ao temor de atorarse no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]], fixo que Drake preferise non atacar [[Santander]], onde levaban a cabo a maioría das reparacións. No seu lugar, atacou [[A Coruña]]. Norreys tomou a cidadela baixa, matando a 500 españois, e Drake destruíu algúns barcos menores, pero foron finalmente rexeitados. Na loita destacouse [[María Pita]].
 
O seguinte paso era fomentar o levantamento portugués. A aristocracia portuguesa aceptara a Filipe II como rei de Portugal en [[1580]]. O pretendente, o [[Prior de Crato]], non sendo capaz de establecer un goberno no exilio, pediu axuda a Inglaterra. Isabel aceptou axudalo, co obxectivo de diminuír o poder de España en Europa e de abrir as rutas comerciais ás Indias.
 
O Prior de Crato, herdeiro final da [[Casa de Avis]], non era un candidato demasiado bo: carecía de carisma, a súa causa estaba comprometida por falta de lexitimidade e tiña un opoñente mellor visto polas cortes portuguesas, [[Catalina de Portugal, Duquesa de Bragança|Catalina, Duquesa de Bragança]]. Norreys chegou a [[Lisboa]], defendida por unha garda pouco afecta a Filipe, pero o levantamento non ocorreu e Lisboa non chegou a ser tomada. Ao chegarchegaren os ingleses a Lisboa, a súa situación era dramática porque carecían de medios para forzar a súa entrada na capital. Faltáballes pólvora e municións, non tiñan cabalos nin canóns e esgotaran os alimentos.
 
O [[30 de xuño]] Drake capturou unha frota de barcos comerciais [[hanseáticos]], que romperan o bloqueo inglés rodeando as illas por [[Escocia]]. Pero non serviu para sufragar os gastos da expedición porque para acalar as protestas das cidades da Hansa, eses navíos tiveron que ser devoltos coas súas mercadorías aos seus lexítimos propietarios.
Liña 24:
Essex recibiu orde de Isabel de volver á corte. Perdida a vantaxe da sorpresa inicial, coa frota reducida polas tormentas e a tripulación cada vez máis cansa e afectada por enfermidades (só quedaban 2.000 homes capaces de loitar), decidiuse que o obxectivo de formar unha base permanente nos Azores non era posible. Norreys volveu a Londres en tanto que Drake trataba en balde de roubar os tesouros da Frota de Indias. Tras outra tormenta, Drake saqueou Porto Santo en [[Madeira]], e xa de volta detívose nas rías baixas de [[Galicia]] para arrasar a indefensa vila de [[Vigo]], tras o cal volveu a Londres fracasando absolutamente en todos os obxectivos maiores da expedición.
 
A indisciplina dominou até o final na frota de Drake. Ao arribar [[Plymouth]] o 10 de xullo, os soldados subleváronse porque non aceptaban os cinco xelíns que como paga se lles ofreceu. E tan mal cariz tomou a protesta que para reprimila aforcaron a sete dos amotinados.
 
== Consecuencias ==
Liña 36:
Despois da morte de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] ([[1603]]) e a chegada ao trono de Xacobo VI de Escocia e I de Inglaterra (rei de Escocia e fillo de María Estuardo) en [[1603]], este fixo todo o posible por rematar a guerra. A paz chegou en 1604, no [[Tratado de Londres (1604)|Tratado de Londres]] a petición inglesa, xa que non podían soster máis os custos dun conflito que foi moi lesivo para a economía británica.
 
Tras a paz, España refixo a súa frota, que rapidamente incrementou a súa supremacía marítima até extremos superiores aos de antes da Armada Invencible. DitaA dita supremacía durou case 50 anos máis até a [[Batalla das Dunas (1639)|Batalla naval das Dunas]]. Inglaterra foi capaz de consolidar a súa soberanía en [[Irlanda]], ademais de establecer colonias en América do Norte.
 
==Véxase tamén==