Britpop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: be:Брыт-поп
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
== Estilo, raíces e influenzas ==
As bandas de britpop estiveron fortemente influenciadas pola música inglesa dos anos 60 e 70, especialmente polas bandas de [[British Invasion]] coma [[The Beatles]], [[The Rolling Stones]], [[The Who]], [[The Kinks]] e [[The Small Faces]]; por artistas de [[glam rock]] coma [[David Bowie]] e [[T. Rex]]; e grupos de [[punk rock]] como os [[Sex Pistols]], [[The Jam]], os [[Buzzcocks]] e [[Wire]]. As influenzas específicas de cada banda varían: [[Blur]] e [[Oasis (grupo musical)|Oasis]] beben dos [[The Kinks|Kinks]] e dos [[Beatles]] respectivamente; mentres que [[Elastica]] está máis influenciada por o [[arty punk rock]].
 
As bandas de [[rock alternativo]] da escena ''indie'' dos 80 e de principios dos 90 foron on antecesores directos do movemento britpop. A influenza de [[The Smiths]] foi común na maioría dos artistas britpop. A escena Madchester, encabezada por [[The Stone Roses]], [[Happy Mondays]] e [[Inspiral Carpets]] (para quenes [[Noel Gallagher]] de [[Oasis (grupo musical)|Oasis]] traballara de ''roadie''), foi a raíz máis inmediata do britpop.
 
En termos de estilo, as bandas de britpop confiaban en temas pegadizos e escribían letras con temáticas afíns á mocidade británica da súa xeración. Estas bandas denunciaban que os grupos de shoegazing e [[grunge]] eran irrelevantes e non lle dicían nada ás súas vidas. [[Damon Albarn]] de [[Blur]] resumiu a súa actitude en [[1993]] cando despois de que lle preguntasen se [[Blur]] era unha "banda anti-grunge" dixo, "se o punk tratábase de desfacerso dos hippies, entón esu estou desfacéndome do grunge". A pesares do declarada enemizade entre os xéneros, algúns elementos eran comúns a ambos.