Xosé Trapero Pardo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
imaxe de Pelúdez
Liña 19:
 
Foi cronista oficial de Lugo, director do Museo Provincial de Lugo, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e numerario da [[Real Academia Galega]], onde ingresou o 5 de xuño de 1971, apadriñado por [[Álvaro Cunqueiro]]. cun discurso dedicado ao seu finado amigo [[Antonio Noriega Varela]]. Como curiosidade, o [http://www.iesdaterracha.net/ instituto] da súa localidade natal, Castro de Ribeiras de Lea, leva o seu nome.
 
 
== Obra ==
Liña 35 ⟶ 34:
* ''[[Manuel Leiras Pulpeiro|Manoel Leiras Pulpeiro]]: vida e obra'' (1983)
* ''...E Pelúdez dixo'' (1984), recompilación de varios artigos do personaxe Pelúdez publicados en ''El Progreso''.
 
 
== Pelúdez ==
[[Ficheiro:Lugo-Peludezefamilia-FernandoGarciaBlanco-escultor.JPG|thumb|240px|Escultura en Lugo de Pelúdez e familia]]
A creación máis popular de Trapero Pardo é Pelúdez. Trátase dun personaxe, creado nas páxinas do xornal ''El Progreso'', que cada ano vén da aldea a Lugo para participar nas festas do patrón, San Froilán, que se celebran do 4 ao 12 de outubro. Durante eses días, reflexiona sobre o que ocorre nas festas e tamén sobre outros temas de actualidade. Baixo o pseudónimo [[Lista_de_pseudónimos_e_sobrenomes_galegos#século_XX|Trapacero]], Trapero Pardo ocupouse de recrear a Pelúdez dende 1939 ata despois da súa xubilación, dándolle unha retranca e un humor [[Terra Chá|chairego]] que o fixeron moi popular. Coa súa escrita, logrou que Pelúdez, nado nas páxinas dun xornal, se convertera en todo un símbolo popular das festas maiores de Lugo, que mesmo ten unha estatua a carón da muralla romana.
 
A morte de Trapero produciuse precisamente en plenas festas de San Froilán, feito polo que o xornal e quen tomou o relevo do personaxe, [[Xosé de Cora]], adicáronlle unha serie de artigos recompilados posteriormente no libriño "Pelúdez despide a Trapacero" (1995).
 
 
==Véxase tamén==