Palau Blaugrana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Palau Blaugrana
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
*[[Xogos Olímpicos de 1992]]
}}
O '''Palau Blaugrana''' é o pavillón cuberto, propiedade do [[Futbol Club Barcelona]], onde disputan os seus partidos oficiais os primeiros equipos das seccións de [[FC Barcelona Bàsquet|baloncesto]], [[balonmán]], [[Futbol Club Barcelona (hóckey sobre patíns)|hockey sobre patíns]] e [[fútbol sala]] do [[FC Barcelona]].
{{enuso}}
 
Está situado na Avenida Arístides Maillol, no barrio de [[Les Corts]] de [[Barcelona]], e no interior do complexo que acolle o estadio do [[Camp Nou]]. Xunto ao "Palau Blaugrana" están as oficinas do club, así como a tenda oficial do FC Barcelona e o Palau de Gel.
 
== Historia ==
Inaugurado o [[23 de outubro]] de [[1971]], foi deseñado polos arquitectos [[Cataluña|cataláns]] Francesc Cavallé e Josep Soteras e a súa estrutura proxectada polo [[Enxeñaría|enxeñeiro]] [[Madrid|madrileño]] Florencio del Pozo Frutos. Ten un aforamento de 7.585 espectadores, todos sentados, grazas á remodelación que levou a cabo en [[1994]]. Até entón, o Palau tiña unha cabida para 5.696 espectadores.
 
A súa principal característica é a gran cúpula, construída de formigón armado, e que no seu momento converteu o pavillón nun dos máis modernos e vistosos de [[España]]. Ademais de ser testemuña dos principais éxitos dos equipos das seccións do [[FC Barcelona]], o Palau Blaugrana tamén acolleu importantes eventos. Durante os [[Xogos Olímpicos de 1992]], celebrados en [[Barcelona]], o Palau foi o escenario das competicións de [[hockey sobre patíns]], [[judo]] e [[taekwondo]].
 
== Dorsais retirados ==
Do teito do Palau Blaugrana colgan as camisetas dos xogadores máis importantes do FC Barcelona na historia das súas seccións. Están colgadas, a modo de homenaxe as camisetas de catro xogadores de balonmán ([[Joan Sagalés]], [[Iñaki Urdangarín]], [[Enric Masip]], [[Òscar Grau]] e [[Xavier O'Callaghan]]) e catro de baloncesto ([[Roberto Dueñas]], [[Andrés Jiménez]], [[Ignacio Solozábal|Nacho Solozábal]] e [[Juan Antonio San Epifanio]], «Epi»).
 
{{Panorama|Panorámica Palau 2.jpg|1500px|Aspecto do Palau Blaugrana durante a disputa do encontro que enfrontou ao '''FC Barcelona''' e a [[Lottomatica Roma]] de [[Euroliga]] en febreiro de 2008}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Barcelona]]
*[[Futbol Club Barcelona]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fcbarcelona.com/web/catala/club/club_avui/territori_barca/palau_blaugrana/palaublaugrana.html O Palau Blaugrana na web oficial do FC Barcelona]
 
[[Categoría:Pavillóns de España]]