[[Ficheiro:112-1269 IMG.JPG|thumb|250px|Interior dunha mina subterránea.]]
A '''minaría''' é un conxunto de [[tecnoloxía|técnicas]] que se empregan para a obtención selectiva dun material nas [[mina]]s ([[mina a ceo aberto|a ceo aberto]] e [[mina subterránea|subterráneas]]) que se constrúen na codia terrestre. Abrangue todo o relativo ao proceso industrial, dende as primeiras prospeccións até a restitución do relevo do lugar ao peche da mina explotada; e tamén comprende unha importante actividade [[economía|económica]] á que está ligada, que converte en históricas a localidades mineiras.
Unha '''mina''' é un depósito de minerais sólidos, líquidos ou gasosos (como o [[carbón]], a [[pedra]], o [[petróleo]], o [[gas]], etc.) producido por acumulación de forma natural tanto na superficie coma no interior da terra, que é obxecto de explotación económica. A minaría é o conxunto de labores necesarios para extraer deses depósitos os materiais presentes (que poden ser dende [[auga]] até mesmo [[diamante]]s) para unha vindeira comercialización, coa obtención dunha marxe de [[beneficio]] económico. As minas tamén reciben o nome de '''explotacións mineiras'''.