Lingua lombarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Eliminado: pl:Język lombardzki Modificado: lmo:Lengua lumbarda
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Dialekt lombardzki; cambios estética
Liña 3:
| nomenativo = Lumbard, Lumbaart
| corfamilia = Indoeuropea
| estados = {{ITAb}} [[Italia]]<br />{{SUIb}} [[Suíza]]
| rexión = [[Ficheiro:Flag of Lombardy.svg|20px]] [[Lombardía]]
| falantes = 3.500.000<ref>[http://www.istat.it/salastampa/comunicati/non_calendario/20070420_00/testointegrale.pdf Documento do ISTAT]</ref>
Liña 19:
| mapa = [[Ficheiro:Lombard language situation map.svg|275px]]
}}
O '''lombardo''' é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de [[Italia]] (a maior parte de [[Lombardía]] e algunhas áreas das rexións veciñas) e en [[Suíza]] ([[cantón do Tesino]]). Os idiomas lombardos son [[Linguas romances|linguas romances]] occidentais emparentadas co [[Idioma francés|francés]] e cos outros idiomas galo-itálicos ([[piemontés]], [[Lingua emiliano-romañola|emiliano-romañolo]] etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.
 
As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto [[Milán|milanés]]) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos [[Bérgamo|bergamasco]] e [[Brescia|bresciano]]). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en [[Bellinzona]], [[Suíza]] (''CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía'').
 
== Características principais ==
=== Ortografía ===
O lombardo nunca logrou unha unificación ortográfica. Os dous sistemas ortográficos máis utilizados son o ticinese (chamado tamén pro-alemán), posto que utiliza as vogais ''ö'' e ''ü'', aínda que ten a súa orixe nos cantóns suízos e hoxe é utilizado nas zonas lingüisticamente lombardas alto-italianas tanto ao leste como ao oeste do [[Adda]]) e o milanés clásico. Este último é o sistema con máis prestixio histórico (usábase xa no [[século XVI]]) e até a primeira metade do [[século XX]] foi adoptado, aínda que con pequenas diferenzas, en todas as zonas lombardófonas.
 
=== Fonoloxía e fonética ===
* A palatalización dos grupos latinos CL- e GL- en c(i), g(i) (ex. CLAMAR > ciamà, GLAREA > gièra);
* A [[lenición]] das consonantes oclusivas xordas intervocálicas (ex. FATIGAM > fadiga, MONITAM > moneda/muneda);
* A transformación de -CE, -GE en africadas alveolares ou en sibilantes (ex. GELUM > dzel/zel);
* A perda das vogais finais latinas excepto a ''a'', resultado do procedemento de [[síncope]]<ref>Hermann W. Haller: "The Other Italy". University of Toronto Press, 1999.</ref> (é. MUNDUM > mund/mond) (presente tamén na [[lingua francesa]]).
* A evolución en ü da ū latina (PLUS > pü);
* A presenza da vogal ö (NOVU > növ/nöf).
 
=== Lingüística contrastiva ===
A presenza destas vogais anteriores é unha das características propias do lombardo<ref>Giovan Battista Pellegrini, ''A carta dei dialetti d'Italia''. Pacini editore, Pisa, 1977.</ref> que comparte co [[lingua piemontesa|piemontés]] e o [[lingua ligur|ligur]], pero que a separa do [[lingua véneta|véneto]] e do [[lingua emiliano-romañola|emiliano-romañolo]]. Porén, o lombardo sepárase do piemontés pola ausencia da vogal media central, ortograficamente representada ''ë'' e polo infinitivo da primeira [[conxugación]] que termina en à (r).
 
== Uso ==
O italiano estándar é amplamente utilizado nas áreas de fala lombarda. Con todo, a situación de lombardo é moi diferente entre as zonas de Suíza e de Italia. Isto xustifica a opinión de que hoxe en día as zonas de Suíza, ás veces denominas a Lombardía Suíza (''Lombardia svizzera''), convertéronse no baluarte do lombardo.
 
=== Suíza ===
[[Ficheiro:LSI CDE.jpg|thumb|right|O LSI, publicado en 2004]]
Nas zonas de Suíza, as variedades lingüísticas lombardas locais están en xeral mellor conservadas e teñen moita máis vitalidade que en Italia, xa que non hai sentimentos negativos asociados co uso da lingua na vida cotiá, aínda cando sexa para dirixirse a xente estraña. Mesmo hai algúns programas de radio e televisión en lombardo, en especial comedias, que son ocasionalmente transmitidos pola [http://www.rtsi.ch/prog/rtsi/welcome.cfm Compañía Suíza de Radiodifusión en Lingua Italiana]. Por outra banda, non é infrecuente que a xente da rúa responda en lombardo en entrevistas espontáneas, incluso algúns anuncios de televisión son retransmitidos en lombardo.
Liña 47:
Cómpre destacar ademais que a maior institución de investigación sobre os dialectos lombardos está situada en [[Bellinzona]] ([[Cantón de Tesino]]), o ''CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía'', que ademais é unha institución gobernamental; porén non hai ningunha institución comparable en [[Italia]]. En decembro de [[2004]], o CDE lanzou o [http://www.ti.ch/decs/dc/cde/temi/lessico.asp?menu=11 LSI], un dicionario en cinco volumes que cobre tódalas variedades lombardas faladas en Suíza. Este é, até agora, o recurso máis completo publicado en lingua lombarda, xa que contén máis de 4.500 páxinas, con preto de 57.000 [[lexema]]s e máis de 190.000 variantes.
 
=== Italia ===
[[Ficheiro:Bait dal comun.jpg|thumb|Letreiro en lombardo na Lombardía]]
O uso dos dialectos lombardos é xeralmente escaso na actualidade en Italia. Hoxe en día, na maioría das zonas da Lombardía italiana os menores de corenta anos falan case exclusivamente italiano estándar nas súas vidas diarias por mor da escolarización e a [[televisión]], incluso as persoas que falan un dialecto lombardo coa súa familia ou amigos, case sempre falan italiano estándar a un estraño. Isto débese a unha serie de razóns históricas e sociais. O seu uso foi historicamente desalentado polos políticos, probablemente porque se lle considerou como un obstáculo para o intento de crear unha "identidade nacional", isto chegou até o punto de que falar unha variedade non estándar considérase un signo de mala educación ou de baixo status social. Actualmente, o partido político que máis apoia á lingua (e as variedades do norte de Italia en xeral) é a [[Lega Nord]] (no pasado os partidos de esquerda tamén o apoiaban).
 
Porén obsérvase un certo renacemento no uso do lombardo durante última década, cando o uso da lingua se converteu nunha forma de expresar a identidade local e de distanciarse da estereotípica cultura mediterránea italiana. Ademais a popularidade dos artistas modernos que cantan en lombardo (en italiano: ''"dialettale rock"'') é cada vez un fenómeno maior tanto en Italia como en Suíza, entre os que o máis popular é [http://www.davidevandesfroos.com/ Davide Van de Sfroos].
 
== Exemplo ==
O seguinte é una poesía en dialecto milanés, por Domenico Balestrieri ([[1714]]–[[1780]]), interpretada por [http://upload.wikimedia.org/wikipedia/hu/3/3e/Lombard-milanese.ogg Antonio Bozzetti].
 
Liña 108:
 
 
== Notas ==
{{Referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lombardía]]
* [[Cantón de Tesino]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ethnologue.org/show_language.asp?code=lmo Lingua lombarda en Ethnologue]
* [http://www.alperiodic.net/ Xornal enteiramente en lombardo]
* [http://www.orbilat.com/Languages/Lombard/ Curso de lombardo en liña]
* [http://www.websters-online-dictionary.org/definition/Lombard-english/ Dicionario Lombardo - Inglés]
* [http://www.ti.ch/DECS/DC/cde/ Centro di dialettologia e di etnografia del Cantone Ticino]
* [http://www.ti.ch/decs/dc/CDE/temi/documentiorali.asp Documentación oral da Suíza italiana]
* [http://associazioni.provincia.so.it/idevv/ Istituto di dialettologia e di etnografia valtellinese e valchiavennasca]
 
{{InterWiki|code=lmo}}
Liña 158:
[[no:Lombardisk]]
[[oc:Lombard]]
[[pl:Dialekt lombardzki]]
[[pms:Lenga lombarda]]
[[pt:Língua lombarda]]