Epicureísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 1:
O '''Epicureísmo''' é unha doutrina filosófica que foi fundada por '''[[Epicuro de Samos]]''' cara o século IV a.C. dentro do [[Época Helenística|período helenístico]], (que seguiu á morte do rei macedonio [[Alexandre o Grande]]). O Epicureísmo entrou en pugna coas escolas do [[Estoicismo]] e o [[Escepticismo]].
 
==Contexto histórico==
Coa morte de [[Alexandre o Grande]] no ano [[-323|323 a.C.]], iniciouse o período helenístico da cultura grega, que se prolongou ata o século VI d.C. Este período caracterizouse porque as cidades gregas caeron baixo o dominio militar de grandes [[imperio]]s coma o [[Imperio Persa|Persa]] ou o [[Imperio Romano|Romano]].
 
Para o cidadán da [[Época Clásica]], a época inmediatamente anterior á [[Época Helenística|helenística]], as [[polis]] proporcionaban un sinal de identidade e unha comunidade social e política capaz de dar sentido á súa vida. Mais a caída das polis gregas baixo a espada das diferentes forzas invasoras tivo como consecuencia a desconfianza, o desarraigo e a inseguridade.
 
En resumo, a Época Helenística foi un momento de crise en que as [[ética]]s dos '''epicúreos''' e os '''[[estoicos]]''' constituíron as dúas respostas máis significativas. Ambas as dúas intentarían crear valores éticos e novas formas de convivencia. Este esforzo tería como resultado principal a aparición e extensión de que a vida [[Felicidade|feliz]] era aquela que lles permitía ás persoas acadar a ''[[ataraxia]]'', é dicir, que o obxectivo fundamental da ética era proporcionar o autocontrol e a liberdade interior que permitisen ás persoas superar os sufrimentos propios da existencia humana.
 
==Orixe==
Liña 13:
==Filosofía epicúrea==
[[Ficheiro:Epicurus_Louvre.jpg|thumb|right|Busto de Epicuro de Samos]]
'''[[Epicuro de Samos]]''' propuña a realización dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a [[ataraxia]] e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios. Este pracer non debía de limitarse só ao corpo, como preconizaba o [[hedonismo]] cirenaico, senón que debía de ser tamén intelectual, dado que o home era un todo. Ademais, para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento, etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e mailo corpo que proporcionaba serenidade, que eles denominaban ataraxia. O pracer puro era o ben supremo, a dor o mal supremo. Os praceres e sufrimentos eran consecuencia da realización ou impedimento dos apetitos.

Epicuro distinguía entre tres clases de apetitos:
* Os ''naturais e necesarios'', coma comer e beber, que son fáciles de satisfacer.
* Os ''naturais pero non necesarios'', coma os eróticos, que non son difíciles de dominar e non son precisos para a felicidade.