Epicureísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: simple:Epicureanism
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Contexto histórico==
Coa morte de [[Alexandre o Grande]] no ano [[-323|323 a.C.]], iniciouse o período helenístico da cultura grega, que se prolongou ata o século VI d.C. Este período caracterizouse porque as cidades gregas caeron baixo o dominio militar de grandes [[imperio]]s coma o [[Imperio Persa|Persa]] ou o [[Imperio Romano|Romano]].
 
Para o cidadán da [[Época Clásica]], a época inmediatamente anterior á [[Época Helenística|helenística]], as [[polis]] proporcionaban un sinal de identidade e unha comunidade social e política capaz de dar sentido á súa vida. Mais a caída das polis gregas baixo a espada das diferentes forzas invasoras tivo como consecuencia a desconfianza, o desarraigo e a inseguridade.
Liña 13:
==Filosofía epicúrea==
[[Ficheiro:Epicurus_Louvre.jpg|thumb|right|Busto de Epicuro de Samos]]
'''[[Epicuro de Samos]]''' propuña a realización dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a [[ataraxia]] e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios. Este pracer non debía de limitarse só ao corpo, como preconizaba o [[hedonismo]] cirenaico, senonsenón que debía de ser tamén intelectual, dado que o home era un todo. Ademais, para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausenzaausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento, etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e mailo corpo que proporcionaba serenidade, que eles denominaban ataraxia. O pracer puro era o ben supremo, a dor o mal supremo. Os praceres e sufrimentos eran consecuencia da realización ou impedimento dos apetitos. Epicuro distinguía entre tres clases de apetitos:
* Os ''naturais e necesarios'', coma comer e beber, que son fáciles de satisfacer.
* Os ''naturais pero non necesarios'', coma os eróticos, que non son difíciles de dominar e non son precisos para a felicidade.
* Os ''non naturais nin necesarios'', coma as drogas, que debían de ser rechazadosrexeitados completamente.
 
Sen embargo, para os epicúreos non todo pracer debía ser desexado se del se puidesen deribarderivar consecuencias dolorosas, nin toda dor debía ser evitada se dela se puidesen deribarderivar posteriormente un pracer maior. Polo tanto, a busca de pracer era para estes autores ante todo o resultado dun cálculo racional. Ademais, os epicúreos diferenciaban entre varios tipos de praceres físicos e intelectuais, pero insistindo sempre na idea de que para as persoas o pracer supremo era a ausencia de dor corporal e de angustia mental. Para acadar este estado de ''ataraxia'' ou felicidade, unha persoa requeríarequiría, en primeiro lugar, ter certos coñecementos sobre os seus deseosdesexos e praceres, así como das causas dos temores que lle angustian e inquietan.
 
Para os epicúreos, un dos maiores medos que desasosegaban ás persoas e lles impedían ser felices era a certeza da morte. Todo se acababa para eles coa morte. Non había outra vida, nin premios nin castigos divinos. Non había dor nin tampouco pracer despois de mortos. Así que a mellor actitude era ignorar a propia morte e dedicarse a desfrutargozar de maneira serena e intelixente dos praceres que ofrece a vida, entre os que destacaba o pracer da amizade.
 
Aínda que subraiandosubliñando o pracer como trazo máis importante da felicidade humana, para os epicúreos, coma para os [[estoicos]], o mellor camiño para acadar a boa vida era o da intelixencia e o cálculo racional, o camiño do coñecemento.
 
==Véxase tamén==