Historia Brittonum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''''Historia Brittonum''''' ou '''''A Historia dos Britanos ''''' é un libro histórico que foi escrito nalgún momento pouco despois do ano [[833]], do que existen varias versións con certas diferenzas. Pretende relatar a historia dos habitantes [[britanos]] de [[Gran Bretaña]] desde os tempos máis temperáns, polo que este texto foi usado para escribir unha historia tanto de [[Gales]] como de [[Inglaterra]]. Tradicionalmente, sinálase a [[NenniusNennio]] como o autor deste texto, aínda que esta interpretación é cuestionada.
== Texto ==
O texto en si é unha colección de extractos, cálculos cronolóxicos, glosarios e resumes baseados en rexistros previos, moitos dos cales xa non existen. Como resultado, a fiabilidade deste traballo foi cuestionada tanto en parte como no todo. O arqueólogo Leslie Alcock observou que, nunha versión deste manuscrito, o autor mesmo chama ao seu traballo unha morea de todo o que puido encontrar e suxire que se estendésemos esa metáfora, este texto é:
Liña 7:
 
== Autor ==
Tradicionalmente, a ''Historia Brittonum'' foi adscrita a [[NenniusNennio]], un monxe galés do século IX; porén, a análise de numerosas versións mostrou que tamén se atribuíu a autoría a [[Xildas]] (probabelmente porque Xildas foi o único autor histórico coñecido polos seus escribas), mentres que outros (como o manuscrito Harleian 3859 da [[Biblioteca Británica]]) non mencionan autor. A investigación de Dumville mostrou que a adscrición deste traballo a NenniusNennio se orixinou no século X nunha rama da transmisión do manuscrito, creado por un escriba que buscaba a raíz deste traballo nas tradicións intelectuais desa época.
 
== Asociacións co rei Arturo ==