Xosé Manuel Piñeiro: Diferenzas entre revisións

presentador de televisión galego
Contido eliminado Contido engadido
MVF (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Xosé Manuel Piñeiro Borrajo''', máis coñecido como ''Piñeiro'' ou ''Superpiñeiro'', é un presentador de televisión galego nado en Allariz (Ourense) en 1957. ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de abril de 2010 ás 19:30

Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, é un presentador de televisión galego nado en Allariz (Ourense) en 1957.

É un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia, sendo o seu maior éxito o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Ademais, tamén estivo á fronte de espazos coma Tequelexou, Téquele, téquele ou o máis recente Acompáñenos, entre outros, e presentou numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica.