Luís Tosar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
MVF (conversa | contribucións)
Liña 37:
Comeza no campo da curtametraxe para logo ser coñecido polo súa presenza na serie da [[TVG|Televisión de Galicia]] ''[[Mareas vivas]]'', serie mítica da [[TVG]] e que lanza á fama aos seus protagonistas, entre eles, Luis Tosar. En [[febreiro]] de [[2003]] foi elixido 'Galego do Mes' por [[El Correo Gallego]].
 
Foi premiado como Mellor Actor nos [[Premios Goya]] da [[Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España]] [[2004]] por ''[[Te doy mis ojos]]'' e, Mellor Actor de Reparto no [[2003]] por ''[[Os luns ó sol]]'' e, de novo, Mellor Actor no [[2009]] por [[Celda 211]]. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o [[Premio Xarmenta]] en [[2005]] pola sua defensa da lingua galega no Bierzo.
 
En [[2006]] ten un papel nunha película que foi remake da [[Miami Vice|serie]] dos anos 80, ''[[Miami Vice (2006)|Miami Vice]]'', xunto a [[Colin Farrell]] e [[Jamie Foxx]]. Actualmente roda nos estudos da Cidade da Luz de Alacante o filme inglés ''[[Mr. Nice]]'' xunto a [[Rhys Ifans]], [[Chloë Sevigny]], [[David Thewlis]] e a española [[Elsa Pataky]].