O Castro de Ouro, Alfoz: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Patrimonio: elimino información que xa está posta máis abaixo, era contar o mesmo 2 veces e non viña a conto |
→Patrimonio: arranxo menor |
||
Liña 15:
[[Ficheiro:Parroquia do Castro de Ouro do concello de Alfoz.png|thumb|dereita|200px|Situación da parroquia no concello de Alfoz]]
* Na aldea de Castro de Ouro encóntrase a '''Igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro''', que é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]]. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un caliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
*Na parroquia do Castro ou do Castro de Ouro destaca a [[Castelo de Castrodouro|torre de Castrodouro]], a cal foi levantada sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o [[río Ouro]]. Hai quen di que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos [[Reis Católicos]]. Antigamente foi propiedade do bispado de [[Mondoñedo]], que a perdeu por causa do mariscal e posteriormente a volveu recuperar. Foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do [[século XX]] para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos.
* A '''Finca Galea''', tamen coñecida como o '''Museo da Auga''', encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha fermosa casa de turismo rural. Toda a finca foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardins que rodean o pazo e un [[muíño]] reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha [[lareira]] tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do rio Ouro e dá acceso ao vello [[muíño]] e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Podese percorrer o ''Paseo dos Caladiños'', o ''Camiño Feiticeiro'' e chegar até o merendeiro de [[Filipe II]].
|