Diferenzas entre revisións de «O Castro de Ouro, Alfoz»

→‎Patrimonio: arranxo, quito un lío que había
(movo mapa da situación á dereita)
(→‎Patrimonio: arranxo, quito un lío que había)
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Parroquia do Castro de Ouro do concello de Alfoz.png|thumb|dereita|200px|Situación da parroquia no concello de Alfoz]]
* Na aldea de Castro de Ouro encóntrase a '''Igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro''', que é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]] (que nuncuxa principiotorre ocupouocupaba a Casa Consistorial emais quena actualmenteactualidade ocupaemprégase unhacomo arquiveria, museoarquivería e seguemuseo, facendoxa asque vecesa decasa Casa Consistorial, xa quedo estaconcello foi traspasada á vila da Seara, na cal funciona dende o ano [[1990]]). A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un caliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
*Na parroquia do Castro ou do Castro de Ouro destaca a [[Castelo de Castrodouro|torre de Castrodouro]], a cal foi levantada sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o [[río Ouro]]. Hai quen di que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos [[Reis Católicos]]. Antigamente foi propiedade do bispado de [[Mondoñedo]], que a perdeu por causa do mariscal e posteriormente a volveu recuperar. Foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do [[século XX]] para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Con tempo foi quedando para a casa do Concello e no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no [[Museo do Mariscal]]. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse hoxe a '''Torre da Homenaxe''', a capela e restos das murallas, con partes visibles de fosos e contrafosos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por almeas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto do 22 de abril do 1949, e a Lei 16/1985 sobre o [[Patrimonio Histórico Español|Patrimonio Histórico]].
* A '''Finca Galea''', tamen coñecida como o '''Museo da Auga''', encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha fermosa casa de turismo rural. Toda a finca foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardins que rodean o pazo e un [[muíño]] reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha [[lareira]] tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do rio Ouro e dá acceso ao vello [[muíño]] e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Podese percorrer o ''Paseo dos Caladiños'', o ''Camiño Feiticeiro'' e chegar até o merendeiro de [[Filipe II]].
13.785

edicións